займ срочно

A cuarta edición do Festival Rosalía será dixital

0

Bisbarra, 17 de febreiro do 2021 – O Festival Rosalía, promovido desde a Deputación da Coruña, chega a cuarta edición en formato dixital por mor da pandemia.

A rapeira Aid, as músicas Guadi Galego ou Uxía, escritoras como María Reimóndez, Rosalía Fernández ou Antía Yáñez e un feixe de propostas creadas arredor de Rosalía compoñen o programa

Un festival en rede

O Festival Rosalía comezará mañá día 18 e durará ata o 3 de marzo. O Festival prolonga, deste xeito, a súa duración, mantendo como data principal o 24 de febreiro, día do nacemento de Rosalía de Castro.

Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, explica que “Como en anos anteriores, queremos mostrar unha Rosalía moi actual, que se revisita en cada xeración, con propostas novas e adaptada tamén aos tempos que estamos a vivir, con difusión a través da rede dada a imposibilidade de poder realizar o festival como en edicións anteriores, en espazos públicos e con asistencia de multitude de persoas”.

A imaxe da Rosalía superheroína, en constante evolución, preside de novo o cartel do Festival Rosalía, evento organizado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, que nesta ocasión se desenvolverá desde as súas contas nas redes sociais Facebook, Twitter, Instagram e YouTube.

Nesta nova edición do Festival participarán dezasete creadoras e librarías procedentes dos mundos da literatura (María Reimóndez, Rosalía Fernández Rial e Antía Yáñez), da música (Uxía, Guadi Galego e a rapeira Aid), do teatro (Larraitz Urruzola, Nate Borrajo e Tero Rodríguez), do cinema (Zaza Ceballos), da creación e a artesanía (Amorote, Deica Creacións, Rei Zentolo, OZOCOgz, Punto e Coma), e das librarías (Libraría Pedreira e Libraría Lila de Lilith). No catálogo de participantes incluíronse boa parte das empresas e selos que en anos anteriores protagonizaron a feira de produtos dentro do Festival Rosalía.

Estes testemuños audiovisuais fornecerannos exemplos concretos do impacto e vixencia que hoxe ten a obra de Rosalía de Castro en diferentes ámbitos da creación artística galega do século XXI.

Na ruta de Rosalía

De xeito paralelo, e con vontade divulgativa sobre a escritora, realizaranse sete publicacións sobre sete localizacións relevantes relacionadas coa súa vida e que se englobarán baixo o cancelo #Rosalía7lugares.

“O Festival dará imaxe da ampla dimensión de Rosalía, da figura reivindicativa e da grandísima escritora e tamén do potencial que ten a todos os niveis, tamén de atractivo para un territorio fermosísimo que é o vinculado a súa biografía que nace en Santiago pero se desenvolve por distintos espazos como Padrón ou Bastavales, por citar só dous deles”, engade Xurxo Couto.

Con este novo formato virtual, a Área de Cultura adapta o Festival Rosalía á situación sanitaria actual, dándolle así continuidade á homenaxe anual a Rosalía, reivindicándoa como escritora actual e universal, defensora dos dereitos da Galiza e das mulleres.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies