Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • O Pino
  • Xeral

A Baña e O Pino aproban os plans da Deputación

A Deputación da Coruña pecha hoxe venres a recepción de Plans de Obras e Servizos dos concellos e moitos apuraron o tempo ata o último día.
o-pino-pos-normal-11-febreiro-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 11 de febreiro do 2022 – A Deputación da Coruña pecha hoxe venres a recepción de Plans de Obras e Servizos dos concellos e moitos apuraron o tempo ata o último día.
    • A Baña
    • O Pino

Bisbarra, 11 de febreiro do 2022 – A Deputación da Coruña pecha hoxe venres a recepción de Plans de Obras e Servizos dos concellos e moitos apuraron o tempo ata o último día.

O proceso para acadar o financiamento da Deputación a través do Plan Único abriuse no mes de novembro pasado. Aínda con todo ese tempo moitos concellos non levaron a pleno as propostas ata esta mesma semana, en algún caso ata onte mesmo.

A Baña

A Baña inclúe entre os proxectos unha plataforma para a numeración dixital das vivendas e obras por 112.000 euros. A iniciativa ten como obxectivo solucionar os problemas co catastro e o Instituo Nacional de Estadística pola falta de numeración de moitas vivendas.

A partida reservada a gastos correntes é de 119.000 euros e 14.714 para reducir débeda cos bancos

A petición no POS+ adicional para gastos sociais ascende a 68.000 euros e os investimentos financeiramente sostibles do Plan Complementario ascenden a 1.400.000 euros.

O Pino

O concello do Pino pola súa banda  destinará 365.000 € do POS a obras e gasto corrente e 83.000 € para servizos sociais.

A partida do POS+ adicional destinado a gasto social repártese en 53.000 € para o servizo de axuda a domicilio, 27.000 € para reforzo de persoal e 3.000 € para emerxencia social.

Por outro lado a corporación aprobou tamén por unanimidade as obras do Plan complementario, que ascenden a 437.000 euros. En este caso a partida máis importante será a mellora da seguridade viaria de San Antón ao campo de fútbol de Reboredo (190.294 €), coa construción dunha senda peonil pola marxe dereita ata o colexio.

Post navigation

Previous: Xogando as agachadas co novo centro de saúde de Teo
Next: Boqueixón destina parte do POS ao arranxo de 31 estradas

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.