займ срочно

A Baña urxe á Xunta na retirada dos niños de vespa velutina

0

Bisbarra, 5 de setembro do 2023 –  O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, pídelle a Xunta de Galicia que retire os niños de velutina nos prazos previstos.

O alcalde ven de remitir un escrito, á Consellería de Medio Rural e a Seaga, no que esixe a retirada dos niños de vespas velutinas no municipio segundo os prazos estipulados pola propia administración.

O Concello da Baña expón as numerosas queixas recibidas por parte da veciñanza pola tardanza na retirada de niños de vespas velutinas no municipio. Déronse prazos superiores ao mes, cando se trata de domicilios particulares. Esta circunstancia supón un grave risco para as persoas.

Na nota, o concello lembra que a Dirección Xeral de Administración Local, con data 18 de xaneiro, indicaba que o convenio de retirada de vespas velutinas coa empresa Seaga implicaba que ditos niños, unha vez recibida a alerta no servizo 012, tería un prazo medio de 5 días hábiles. No Concello da Baña este compromiso non se está a cumprir.

Deste xeito, o Concello insiste na súa esixencia de que se tomen as medidas oportunas para o cumprimento de ditos prazos de retirada de niños de vespas velutinas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies