займ срочно

‘As bailas do cruce’ fotografía gañadora do concurso ‘A Baña dixital’

0

A Baña, 23 de outubro do 2019 – ‘As bailas do cruce’ da Uxía foi a imaxe gañadora do concurso de fotografía A Baña dixital organizada por ese municipio.

Este concurso de fotografía estaba dirixido a participantes entre 14 e 30 anos e tiña como obxectivo principal poñer en valor o patrimonio histórico e cultural do concello.

fotografia gañadoira  a baña dixitalO xurado profesional composto por Javier Iglesias Ramos, Carme Pereiro e Eutropio Rodríguez foi o encargado de buscar entre todos os proxectos presentados o que fora merecedor do premio de cen euros.

No caso de ‘As bailas do cruce’ o xurado atopou que se trata dunha ” imaxe de grande sensibilidade e de dominio do medio fotográfico, pero sobre todo de moito interés conceptual e teórico lindando xa no campo da arte contemporánea”.

Share.

Comments are closed.