займ срочно

Historias da Hostalería, Hostal Fornos

0

Tabernalia, 18 de febreiro do 2022 – Comezamos unha serie dedicada apoñer en valor aos locais máis antigos, exemplos de resitencia e bo facer.

Comezamos co Hostal Fornos, un clásico que durante moitos anos xestionou tamén o restaurante do mesmo nome. O negocio comezou hai máis de corenta anos, antes incluso de que nacera o actual xerente, Juan Caneda, que lembra sempre aos seus avós traballando

Un hostal como o Fornos ten unha relación co cliente moito máis cercana e familiar que en outros negocios máis grandes. Juan lembra de pequeno baixar a recepción e aprender do seu avó ese trato

Juan leva tempo traballando no hostal pero foi a finais do 2019, cando morreu a súa nai, cando tivo que facerse cargo do Fornos. Unha época complicada que a partir do 2020 foi aínda peor. O visitante nacional, que fora superado polo estranxeiro cobrou de novo protagonismo e agora, a medida que se supera a pandemia, volve a ser o de fora o cliente habitual.

O Fornos está nun sitio privilexiado da cidade, en plena Praza de Galicia. Máis alá de esa ubicación ou da conectividade dixital o que adoita pedir o cliente e limpeza e comodidade

O futuro, e o presente, é complicado. A competencia é cada vez maior pero segue a ser un sector fundamental na cidade. Juan cre que hai que manter o nivel de calidade e probablemente intentar eliminar intermediarios.

O Fornos e memoria de Compostela e da Praza de Galicia. Un lugar para recomendar aos que se achegan á cidade pero sobre todo unha sinal de identidade do sector hostaleiro en Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies