займ срочно

Eleccións 23: pancartas madrugadoras

0

Eleccións 23, 11 de maio – As veces nas carreiras un dos participantes, movido polos nervios ou a tensión do momento da saída, anticípase e é sancionado. Onte descubrimos que tamén pasa nas eleccións.

Teo sempre foi un concello no que pasan cousas distintas, nin mellores nin peores, que en outros municipios. Na tarde de onte toda a estrada que vai desde Cacheiras ata Os Tilos apareceu con pancartas do BNG, máis de 24 horas antes de que comece a campaña.

Certo é que as pancartas só mostraban o nome do partido sen petición de voto nin lema algún. Lindeiros falou co candidato Eloi Devesa quen explica que  “nos non estamos pedindo o voto en ningún momento [] no BNG este tipo de cousas as facemos os militantes, non contratamos empresas, a xente ten xornadas laborais y o tempo é moi moi escaso e todo o que podemos adiantar o estamos adiantando pero bueno si que é certo que non debería ser o habitual pero somos un partido que dependemos da militancia e das xornadas dos mesmos”.

Fontes consultadas por Lindeiros apuntan que poderían recibir algunha sanción económica por estes feitos. Non puidemos concretar si algún dos outros partidos vai presentar denuncia ante a Xunta Electoral de Zona.

Unha xornada tranquila

Reunión de comerciantes coa candidata do BNG

Na xornada do mércores a Asociación Comercio Punto Compostela mantivo un novo encontro cun dos candidatos á alcaldía de Santiago. En este caso Goretti Sanmartín do BNG pero xa pasaron pola Galiciana, onde se realizan os encontros, Borja Verea e María Rozas. O ciclo pechará este venres co actual alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Partido Popular

O Partido Popular reuniu en Compostela aos 29 membros da candidatura nun encontro previo ao comezo da campaña. Borja Verea foi mencionando en saudando un por un aos integrantes da mesma e poñendo un especial cariño con dous históricos como Evaristo Ben e David Pillado a quen definiu como a esencia do partido en Santiago.

Borja Verea falou de que era preciso “ter fame de transformar, de cambiar a cidade”. Arropado por María baleato, nº 2, e Nerea Barcia, nº7, apelou a súa experiencia e de María como interventores e secretarios para “poñer a funcionar a administración local de Compostela”.

O BNG avanzou onte as súas propostas en Compostela relacionadas coa diversidade e anunciou a creación dun servizo de asesoramento, orientación laboral e apoio LGTB. O BNG comprometeu tamén a adaptación de todos os formularios e documentos do concello á diversidade. Ademais de realizar accións “vencelladas ao resto de efemérides reivindicadas polo colectivo, como os días da despatoloxización e da memoria trans, os días da visibilidade bisexual, trans ou lésbica, así como a institución do día da visibilidade lésbica galega e do día contra a serofobia.

O candidato do Psoe, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co Club Financieiro no que declarou que “É o momento dun novo salto, dunha gran transformación, promovendo vivenda pública, impulsando máis solo industrial e afrontando o reto da estación de mercadorías na Sionlla”. O actual alcalde propuxo ademais “especializar Uninova en captación de inversións e acompañamento de empresas ao tempo que se traballa para habilitar un procedemento de certificación de licencias”

Xan Duro e Miguel Penas de Compostela Aberta

Compostela Aberta falou onte de mobilidade e transporte para Santiago. Entre as propostas está a creación dunha rede de bicicletas eléctricas cunha “unha rede ampla de estacións de recollida, que cubran todo o ámbito urbano e con puntos en lugares estratéxicos como a intermodal, os aparcamentos disuasorios, e tamén a futura rede de vías ciclistas urbanas e interurbanas”.

Pensando nun modelo de mobilidade sostible e “blanda” , CP propón “por en marcha un programa para recuperar os sendeiros tradicionais e camiños reais, para conectar peonalmente lugares e aldeas do rural, servir de acceso a espazos naturais e históricos, e actuar como itinerarios de ocio para o conxunto da veciñanza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies