займ срочно

Negreira paga vacinas que non cobre a seguridade social

0

Bisbarra, 3 de maio do 2023 – O concello de Negreira abriu a convocatoria anual para a veciñanza  co fin de pagar as vacinas que non cobre a seguridade social.

Por medio da Concellaría de Asuntos Sociais, Negreira habilita anualmente unha serie de axudas económicas para sufragar os gastos de estas vacinas. As condicións son ter escasez de recursos e levar un mínimo de seis meses empadroados no concello.

Con esta iniciativa Negreira aboará o custo de vacinas como Bexsero, Rotavirus ou o Virus do papiloma humano. O prazo de solicitude permanece aberto durante todo o ano e as solicitudes deben presentarse no departamento de Servizos Sociais.

Trátase dunha convocatoria anual que se ven consolidando no concello de Negreira. O actual equipo de goberno xa tivo unha primeira iniciativa similar xusto antes da pandemia cando abriu unha convocatoria para sufragar o custo da vacina da meninxites B. Esta vacina entrou no catálogo da seguridade social este mesmo ano polo que xa non é preciso a súa financiación desde o concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies