A Cámara de Comercio de Compostela ven de mostrar o seu rexeitamento as decisións tomadas polo Ministerio de Xustiza e que negan unha nova sala do social para a cidade
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016.- A Cámara de Comercio de Santiago adhírese plenamente ás reaccións da Xunta de Xuíces e do Colexio de Avogados ante a negativa de outorgarlle á nosa cidade unha nova sala do Social, tralas novas concesións feitas en Galicia pola Xunta e o Ministerio de Xustiza.
“Non vale xa alegar que haberá novas aperturas en 2017, que en todo caso non serían efectivas ata 2018. O clamor do sector é unánime na súa reivindicación de urxente e que esta vez si tocaba. E desde a Cámara, engadimos que é imprescindible, xa que Santiago tamén precisa outras ampliacións como Familia, pero agora o que toca, sen dilación, é un novo xulgado do Social, polo que demandamos que se revise esta negación a Compostela”, sentencia Evaristo Rodríguez Carracedo, vicepresidente primeiro da Cámara.