займ срочно

60 protectoras de animais se beneficiarán dunha campaña de Gadis

0

Bisbarra, 1 de outubro do 2021 – A cadea de supermercados Gadis pon en marcha a campaña “Alimenta a amizade” que apoiará a 60 protectoras de animais.

Trátase da terceira edición de esta campaña que aumenta de entidades apoiadas cada ano. As protectoras traballan na comunidade galega así como en Castela e León. O evento estenderase nos 195 supermercados ata o vindeiro día 10.

Os clientes de Gadis de ambas as comunidades autónomas terán á súa disposición un espazo no que poderán depositar artigos para cans e gatos. Como novidade este ano, se o prefiren, teñen a opción de realizar unha contribución económica ao pasar por caixa. A compañía sumará a súa propia achega do 20% do total dos produtos reunidos, tal e como fixo en edicións anteriores.

Voluntarios das protectoras reforzarán este ano a campaña repartíndose por diferentes puntos de venda de Galicia, Ávila, León, Palencia, Salamanca, Valladolid e Zamora. Adoptarán todas as medidas de seguridade pertinentes para a boa marcha da recollida de produtos.

“Alimenta a amizade” desenvólvese por terceiro ano consecutivo dado o éxito de participación dos clientes, que mostraron unha gran solidariedade nas dúas iniciativas que se levaron a cabo con anterioridade. Un xesto de xenerosidade que a compañía quere agradecer publicamente.

Tamén foi un factor determinante para dar continuidade a esta acción a petición de axuda realizada por parte das protectoras, que en 2021 crecen en número ata superar as sesenta. Todo o que se recade irá destinado a cubrir as necesidades de alimentación e hixiene de animais abandonados. Só en Galicia contabilizáronse máis de 25.000 en 2020. Nas dúas campañas previas, en total entregáronse preto de 120.000 quilogramos de artigos de diversa índole.

“Alimenta a amizade” desenvólvese coincidindo co Día Mundial dos Animais, que se celebra o 4 de outubro. Esta conmemoración, promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, pretende sensibilizar a cidadáns de todo o mundo sobre a importancia de respectar aos seres vivos do planeta. Unha mensaxe ao que se une Supermercados  Gadis co desenvolvemento desta acción, que se enmarca no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa.

Desde a compañía recálcase o seu compromiso coa Axenda 2030 das Nacións Unidas, plasmada nos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e, en concreto, co número 17: alianzas para lograr obxectivos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies