займ срочно

25N Rois contra a Violencia de xénero

0

O Concello de Rois súmase ao Día contra a Violencia de Xénero convidando á veciñanza a un acto institucional comarcal que terá lugar no Auditorio Municipal de Padrón ás 12.00 horas do domingo 25 de novembro. De cara a esta xornada reivindicativa, o consistorio quere involucrar a toda a cidadanía roisense, posicionándose claramente en contra desta lacra.

Nos últimos días o Concello repartiu en diversos establecementos comerciais e hostaleiros, nas sedes de varias institucións e asociacións e en diversas localizacións de importancia os materiais impresos da campaña “Sementa igualdade, recolle liberdade”. Trátase de carteis alusivos ao 25 de novembro que se colocarán en escaparates, ventás e paredes, amosando a solidariedade da veciñanza coas mulleres que sofren a violencia.

Ademais, o balcón da casa consistorial loce unha pancarta alusiva, expresión do rexeitamento de todos os habitantes do municipio a todo tipo de violencia contra as mulleres.

Do mesmo xeito, o Concello aproveita para convidar a todas as persoas a participar na actividade reivindicativa que se celebrará en Padrón o domingo ás 12.00 h, e na concentración posterior ás portas do mesmo espazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies