займ срочно

25N ACADAR e COGAMI contra a Violencia de xénero

0

Neste día, a Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR , debemos e queremos ter un emotivo recordo polas 44 mulleres asasinadas no ano 2018, así como para os 8 menores que tamén foron asasinados como consecuencia da violencia de xénero.

Non queremos esquecer a orixe desta data, iniciada tralo asasinato das activistas dominicanas coñecidas como As Bolboretas, as irmás Patria, Minerva e Mª Teresa  Mirabal, un crime que anos despois converteuse no símbolo da loita mundial contra a violencia cara ás mulleres.

Dende ACADAR queremos poñer a énfase sobre a situación de violencia que seguen vivindo as mulleres e nenas con discapacidade, a pesar da preocupación manifestada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, especialmente nos delitos contra a liberdade e  indemnidade sexual exercidos cara ás nenas e mulleres con discapacidade en todas as súas etapas e  invisibilizada para a sociedade.

A falta de acceso das nenas e mulleres con discapacidade aos servizos especializados en violencia de xénero, desde os recursos sanitarios, sociais, policiais e xudiciais, así como a falta de formación específica das persoas de referencia nos devanditos servizos, segue constituíndo a maior discriminación que nos atopamos á hora de poder manifestar e denunciar calquera situación de violencia.

Ademais é necesario proporcionar unha formación en materia de saúde sexual e reprodutiva ás nenas e mulleres con discapacidade, así como a familias e profesionais da súa contorna coa fin de poder recoñecer e identificar calquera delito contra a liberdade e  indemnidade sexual que poidan estar a vivir.

Por todo iso, ESIXIMOS:

Que se dispoña de recursos e información especializada en materia de saúde sexual e reprodutiva para nenas e mulleres con discapacidade.

Que dita información e recursos empreguen unha linguaxe sinxela e adaptada.

Que os profesionais teñan formación específica en materia de saúde sexual e reprodutiva así como dos indicadores que permitan detectar calquera situación que supoña un delito contra a liberdade e  indemnidade sexual.

Que se dote  presupostaríamete ao Ministerio do Interior para garantir a accesibilidade aos recursos especializados das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Que se doten suficientemente as partidas orzamentarias, especialmente nas Comunidades Autónomas e recursos de proximidade para mellorar a atención ás nenas e mulleres en situación de violencia, prestando especial atención á accesibilidade dos recursos sanitarios e sociais especializados.

 

Que se poña en marcha unha unidade específica de detección e atención a persoas que estean a vivir delitos contra a liberdade e  indemnidade sexual.

Garantir protocolos de actuación e detección de delitos contra a liberdade e  indemnidade sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade dirixidos a profesionais.

Promover grupos de traballo dirixidos a nenas e mulleres con discapacidade encamiñados a detectar e recoñecer os delitos contra a liberdade e  indemnidade sexual, así como os recursos para poder dar coñecemento á devandita situación e erradicala.

Non máis violencia machista. Nin unha menos!!!!!!!

Santiago de Compostela, a 25 de novembro de 2018

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies