займ срочно

Catro vitorias para o Club Ciclista Padronés na fin de semana

0

Padrón, 16 de agosto do 2017 – O Club Ciclista Padronés asina un fin de semana de éxito nas súas diferentes categorías. Desde a canteira ata categoría elite, os corredores do Club Ciclista Padronés brillaron nas súas respectivas probas.

LVII Trofeo Virgen de Palomares

Jorge Martín Montenegro dominou con claridade no Trofeo Virgen de Palomares en Trebujena (Cádiz) e levouse a vitoria cruzando a meta en solitario con máis de 4 minutos de vantaxe sobre o segundo clasificado. A proba, na que tamén participou Javier Canteiro que terminou en 7ª posición, percorría 91 km sinuosos e forma parte do ranking andaluz sub23-elite.

Campionato do Mundo Open

Aser Estévez en Ourense

Aser Estévez en Ourense

Aser Estévez conseguiu levar o dobrete no Campionato do Mundo Open organizado pola Fundación Ado Moure Prol Deporte en Ourense. O sábado, Estévez volveu conseguir o ouro na CRI, nun percorrido de 16,1km chairos con saída e meta no Hipódromo de Sandiás cun tempo de 21´18″, case un minuto de diferenza con respecto ao segundo.  O domingo, o guardés volvía colgarse o ouro na proba de fondo en Baños de Molgas, logrando dar caza aos fuxidos da xornada e impoñéndose na meta cuns segundos de vantaxe.

49 GP Albariño

Miguel Mera no podium de Cambados

Miguel Mera no podium de Cambados

O sábado, as escolas participaron no 49 GP Albariño en Cambados (Pontevedra). Un fin de semana máis, Miguel Mera foi o vencedor en categoría cadete. En junior, Isaac Maceiras rozou a vitoria e quedou coa segunda posición. E entre os máis pequenos, destacou Lucas Vázquez cun terceiro posto en categoría  principiantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies