займ срочно

Silleda incorpora  unha máquina varredora ao servizo de limpeza

0

Silleda, 8 de agosto do 2017 –  O Concello de Silleda xa conta coa máquina varredora que mellorará o servizo de limpeza viaria e servirá para manter en boas condicións as beirarrúas do municipio.

A varredora chegou no dñia de onte. No seu día fora adxudicada á firma Baygar e supuxo unha inversión de 65.000 euros. Este equipamento era unha das inversións previstas nos orzamentos municipais deste ano, e adquírese con fondos integramente municipais.

 “Nestes días o servizo de limpeza viaria contará con esta máquina para mellorar sustancialmente os traballos”, indica o alcalde Manuel Cuiña.

O rexedor destaca que a boa situación económica do Concello permite afrontar inversións coma esta en maquinaria para “dar un mellor servizo á cidadanía”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies