займ срочно

Ames aproba un plan de 653.000 euros en subvencións para o exercicio 2017

0

Ames, 3 de xuño do 2017 –  O goberno municipal aprobou no pleno do pasado luns, 29 de maio, co apoio dos concelleiros e concelleiras do grupo municipal de Ames Novo o plan estratéxico de subvencións para o exercicio 2017, 2018 e 2019. Os edís do grupo municipal popular, Pacto por Ames e do concelleiro non adscrito, Javier López, abstivéronse.

Para este plan habilitouse dentro do orzamento unha partida de 653.018,55 euros, que supón un incremento de 263.245 euros (un 68%) respecto ao exercicio 2016. Ademais, recóllense novas liñas de axudas como son a da renda social municipal , que conta cun orzamento de 121.375 euros (increméntase en 91.375 a contía para esta axuda); para eventos comerciais e de promoción ao comercio que dispón de 30.000 euros; para actividades de promoción social con 40.531,73 euros (increméntase en 28.531 euros á contía destinada a entidades sociais); e para a mellora de infravivenda e da accesibilidade cunha partida de 40.000 euros.

Incremento das partidas de varias liñas de axudas

Ademais, increméntase respecto ao 2016 a partida doutras liñas de subvención como a dirixidas á ANPAS (6.500 euros máis); para as entidades deportivas (25.000 euros máis o que significa un 50% de incremento); para o fomento do comercio local (15.000 euros); e para os concurso de premios de escaparatismo e para un concurso de ideas, así como para a Gala de emprendedores ao que se dedica unha partida de 14.700 euros. Os dous últimos proxectos son de nova creación. Tamén se incrementa a dotación orzamentaria en 1.000 euros para os premios dos concursos de Cartas de Reis, Teatro Lido, Certame artístico-literario Intercentros, festival folk, premio Blanco Amor e para a festa do Entroido.

Por último, cómpre salientar que se eliminaron as subvencións nominativas ás entidades Cáritas e Arcea Adames, que poderán concorrer as liñas de subvencións que se van a publicar, mentres que se lle van outorgar subvencións directas ao Bertamiráns FC (25.719 euros), ao Milladoiro SD (12.940 euros) e a Asociación solidariedade galega co pobo saharauí (6.298,82 euros). A concesión destas axudas aos devanditos clubs acordouse nunha xuntanza co resto de entidades deportivas, para evitar que leven a maior parte dos recursos das axudas deportivas por ser as que máis rapaces e rapazas teñen nas súas categorías inferiores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies