займ срочно

Padrón, 8 de agosto do 2017 – O pasado día 5 celebrouse unha nova edición da Festa do Pemento de Herbón. Van alá 39 anos nos que este produto converteuse nunha referencia na gastronomía internacional e algo desexado en moitas partes do mundo de maio a outubro.

O pemento de Herbón vive todo o ano buscando identidade. A creación do Consello Regulador diferenciou ao pemento doutros e marcou unha pauta de traballo. Queda moito por facer pero esa é outra historia porque a Festa do Pemento de Herbón é a de tódolos produtores, os acollidos a denominación e os da zona que non o están

A Festa é do pobo e de feito a organiza unha comisión e o concello e un mero colaborador, ao igual que o Museo Casa Rosalía ou o propio Consello Regulador. Os produtores son os protagonistas e os que ceden pementos para agasallar aos milleiros de visitantes que chegan cada ano a carballeira do Mosteiro.

Este ano o pregoeiro foi o xornalista José Manuel Garcia, director do programa de gastronomía Comer e Falar na rede. José Manuel loubou as virtudes do produto e lembrou como de neno viña cos seus país desde Vigo os domingos so a comprar pementos.

A festa continuou coa entrega de premios aos participantes na procesión de tractores, que cada ano abre a Festa do Pemento, e rematou coa verbena e por suposto, o motivo principal, co xantar. Os milleiros de persoas fixeron cola para levar un prato conmemorativo cunha ración de pementos e  un cacho de pan.

Queda aínda tempo para disfrutar dos pementos así que non o pensen e busquen os de verdade, os de Herbón con Denominación de Orixe porque os outros… non son o mesmo.

[columns]

[column size=”1/2″]

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”42″ exclusions=”761″ sortorder=”766,744,745,746,747,748,749,750,751,752,753,754,756,757,758,773,759,760,761,762,763,765,767,764,755,768,770,769,771,772″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

[/column]
[column size=”1/2″][/column]
[/columns]

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies