займ срочно

A violinista Ellinor D´ Melon coa Real  Filharmonía de Galicia

0

Compostela, 14 de outubro do 2020 – A Real  Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos nos que participa a violinista Ellinor D´ Melon.

Ellinor D´ Melon comezou a estudar violín aos dous anos e con 20 xa goza dunha importante carreira internacional. Debutou baixo a batuta de directores tan respectados como  Zubin  Mehta, Vladimir  Spivakov, Jaime Martín ou  Zakhar  Bron, entre outros. Os seus crecentes compromisos levárona a salas de concerto tan prestixiosas como a  Philharmonie de Berlín, Teatro  Mariinsky de San Petersburgo, Auditorio Nacional de Madrid,  Concertgebouw en Ámsterdam,  Philharmonie de Colonia,  Tonhalle de  Zúric, Sala  Verdi de Milán,  Baltic Hall de  Gdansk, Royal Albert Hall de Londres… Recibiu numerosos premios en competicións internacionais en Berlín, Rusia, Polonia e Estados Unidos. Toca un violín Giovanni Baptista  Guadagnini do ano 1743, cedido por un doante anónimo de Londres.

A violinista Ellinor D´ Melon coa Real  Filharmonía de GaliciaCon Maximino Zumalave e en streaming

Baixo a batuta do seu director asociado, o Mestre compostelán Maximino  Zumalave, o primeiro dos concertos será este xoves, 15 de outubro, no Auditorio de Galicia (Santiago), ás 20:30 horas. Poderase seguir ademais en directo por  streaming a través da canle de Youtube e do Facebook da  RFG.

O venres 16 a orquestra desprazarase a Vigo, onde tocará no Auditorio Afundación da cidade (20:00 horas), no marco da colaboración que a  RFG mantén coa Sociedade Filarmónica de Vigo e Afundación.

A violinista Ellinor D´ Melon coa Real  Filharmonía de GaliciaO programa, o segundo desta tempada de “Emocións naturais”, leva por título “Inacabada”, en relación á Sinfonía Inacabada de Franz Schubert (1797-1828), que a Real  Filharmonía de Galicia tocará neste concerto. Esta sinfonía, escrita no ano 1822, non foi descuberta ata varios anos despois da morte do compositor e só consta de dous movementos.

A  RFG achegará ao público tamén o Concerto para violín nº 1 do compositor alemán Max  Bruch (1838-1920), a súa peza máis coñecida e unha das máis populares dentro do repertorio romántico alemán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies