Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

VIII Edición do festival Peregrinos Musicais

festival-peregrinos-musicais-slide-22-xunho-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 22 de xuño do 2018 –  O VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais trae a Galicia, do 28 de xuño ao 4 de xullo un total de 11 novos talentos galegos e internacionais.
    • Os peregrinos e peregrinas do 2018
    • Escenarios do festival

Compostela, 22 de xuño do 2018 –  O VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais trae a Galicia, do 28 de xuño ao 4 de xullo un total de 11 novos talentos galegos e internacionais.

A iniciativa, promovida pola Asociación Peregrinos Musicais coa colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, presenta como novidade a inclusión de novos espazos e un maior número de concertos. 

Ao Teatro Principal, a Catedral de Santiago e o Auditorio de Galicia incorpóranse este ano o Salón Teatro –sede do Centro Dramático Galego da Axencia Galega das Industrias Culturais– o Paraninfo da USC e o Auditorio de Sanxenxo. Á colaboración da Real Filharmonía de Galicia, que dirixe Maximino Zumalave, únese a da Sociedade Filharmónica Rías Baixas, grazas á que se organiza un dos concertos en Sanxenxo.

“Novos talentos musicais galegos e de fóra do país convivirán para poñer en valor unha capacidade artística extraordinaria”, explicou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na rolda de prensa de presentación do festival. “Esta é unha iniciativa –continuou–  que desde a Xunta de Galicia consideramos de interese a varios niveis. Sen dúbida, a nivel formativo para os novos artistas e, por suposto, como oferta cultural na nosa comunidade e como plataforma de difusión para os novos talentos”.

Segundo se explicou na rolda de prensa, que tamén contou coa participación da directora do festival, Ilona Timchenko, e a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Branca Novoneyra, dos 11 participantes deste ano, oitos deles proveñen de distintos puntos de Galicia. As outras tres solistas proceden de Rusia, Francia e Holanda. Tamén forman parte desta VIII edición outros invitados estelares, que van participar xunto cos músicos noveis nos concertos Mestres e Laureados, unha clase maxistral e outros concertos de nova creación.

Os peregrinos e peregrinas do 2018

Os solistas desta nova edición do festival son os galegos Andrea González Pérez, saxofonista; Beatriz Sánchez Morales, frauta; o guitarrista Manuel Pérez Vázquez; Laura Morales Rejas, co violín; Xurxo Morales Varela, saxofonista; Cristina López Iribarnegaray, frauta; Jacobo Ramos Casariego, piano; e Raúl Reyes Fuentes, clarinete. De procedencia internacional chegarán a pianista moscovita Linkova Anna; a violinista francesa Dupille Charlotte Stéphanie Marie; e a holandensa Luna Xiaoli van Leeuwen, tamén intérprete de violín. As de máis idade teñen 20 anos.

Todos os seleccionados teñen un alto nivel de excelencia profesional e foron escollidos polas súas habilidades técnicas e interpretativas mediante as máis esixentes probas realizadas ata o momento na historia do festival, que tiveron lugar o pasado mes de abril.

Escenarios do festival

A actuación inaugural realizarase no Teatro Principal, onde tamén terá lugar o concerto de Jean Johnson e Ilona Timchenko, o día 3 de xullo. Os dous concertos da serie Mestres e Laureados serán no Salón Teatro, os días 29 e 30 de xuño, ás 20:30 horas. Tamén o día 30, o Paraninfo da USC será o escenario dunha clase maxistral de clarinete e violín, a cargo de Jean Johnson e Ilona Sie Dhian Ho. O día 2, o festival trasládase ao Auditorio de Sanxenxo, para celebrar o concerto de talentos mozos de España, Rusia, Holanda e Francia, coa colaboración da sociedade Filarmónica Rías Baixas.

Como é tradición, o festival vai contar no seu programa de actividades cun concerto de música clásica na Catedral de Santiago, que será o día 1, con entrada gratuíta. O final do Camiño terá lugar no Auditorio de Galicia, o día 4 de xullo, cun concerto no que os solistas desta oitava edición terán ocasión de actuar coa Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave.

A Asociación Peregrinos Musicais, que xurdiu no ano 2011 en Santiago de Compostela da man da pianista rusa radicada na capital de Galicia Ilona Timchenko, promove este festival coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e co Concello de Santiago de Compostela, ademais de contar co apoio doutras entidades.

Post navigation

Previous: Brión aproba unha nova RPT, un novo convenio laboral e un novo acordo cos funcionarios
Next: Compostela énchese de Orgullo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.