займ срочно

Teo ofrecerá ao longo do verán unha “verbena Cultural”

0

Teo, 5 de xullo do 2021 – O Departamento de Cultura do Concello de Teo deseñou un programa de actividades para xullo e agosto baixo o título de “Verbena Cultural”.

Verbena Cultural ofrece unha programación con espectáculos e actividades para todas as idades e gustos. Unha das prioridades será ao mesmo tempo as restricións e a normativa vixente na comunidade para

Do mesmo xeito que o ano pasado, o día grande das festas de todas as parroquias, grupos de gaitas con alboradas percorrerán as rúas e espazos de todo o municipio. Asemade haberá tamén actuacións da banda da SR de Calo e da Banda de Música de Teo, así como actuacións dos grupos de baile.

No marco desta programación cultural para o verán tamén se organizarán distintos espectáculos culturais, xornadas de autocine, contacontos e actividades de narración oral a través do Festival Atlántica, andainas guiadas polos petróglifos, unha noite de observación astronómica, sesións de maxia, e varias xornadas de xogos para as familias, incluída unha clase de radio a carón das piscinas dos Tilos. A maioría dos espectáculos son gratuítos, e para asistir será necesario facer unha reserva previa de entrada a través do correo electrónico entradascultura@teo.gal e autocinecultura@teo.gal.

O programa completo no que se detallan todas e cada unha das distintas actividades pódese consultar premendo aquí

Festival Atlántica

o concello de Teo volve a ser sede do Festival Atlántica. A través deste destacado festival de narración oral a poboación teense gozará de catro actuacións, que terán lugar no Parque dos Tilos, na Carballeira de Francos, no local da Asociación A Mámoa de Luou e na Burga de Xermeade. O programa conta coa interpretación de artistas tan relevantes como Raquel Quizás, Guti & Leticia Ruifernández, Celso Sanmartín ou Paco Pakolas. O festival adoita desenvolverse no mes de marzo, pero este ano terá lugar durante os once primeiros días de xullo en espazos teenses ao aire libre.

Visita aos petróglifos

Por outra banda o venres 16 de xullo terá lugar a VIII Andaina Guiada aos Petróglifos Teenses: ‘Á beira do Angueira’, que é xa unha cita tradicional no verán teense. A duración da ruta é de entre dúas e tres horas, hai 22 prazas e é preciso inscribirse previamente en entradascultura@teo.gal ou no número de teléfono 981 941 063.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies