займ срочно

Stat Wars, unha iniciativa da USC para ESO e Bacharelato

0

Compostela, 20 de setembro do 2017 –  O grupo interdisciplinar de Bioestatística (GRIDECMB) lidera  Stat Wars. O despertar dos datos, unha actividade dirixida a alumnado de ESO e de Bacharelato.

O programa pretende transmitirlle ao alumnado que a estatística, ademais dunha profesión de futuro pode ser unha ferramenta imprescindible para resolver situacións e problemáticas cotiás da sociedade en ámbitos como a medicina, a economía, medio ambiente ou o xornalismo.

Baixo a dirección da profesora Carmen Cadarso Suárez en coordinación coa Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), o proxecto conta co apoio da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET) e está co financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), ademais de recibir a colaboración da empresa Biostatech.

O formato fomentará a participación da mocidade para, dun xeito innovador e atractivo, procurarlle un achegamento aos contidos. Nun único evento, a xornada comezará con charlas e visualización de vídeos sobre temas de actualidade que xerarán o debate entre os asistentes. Posteriormente, na segunda parte, realizaranse xogos e concursos nos que o alumnado participará de forma individual ou en grupo. O concursante que resulte gañador recibirá o seu correspondente premio.

Stat Wars está previsto que se realice durante a Semana da Ciencia que se vai celebrar en novembro de 2017 en Santiago de Compostela. Aqueles centros interesados en recibir máis información sobre este evento ou teñan interese en asistir poden contar co grupo GRIDECMB a través do correo electrónico proxecto.statwars@usc.es ou no teléfono 881.812.283. Tamén está dispoñible máis información en redes sociais Facebook e Twitter.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies