займ срочно

Carboeiro acolle a estrea do espectáculo Marionetas e guitarras no Camiño

0

Silleda, 24 de agosto do 2020 – O mosteiro de Carboeiro en Silleda é o lugar elixido para a estrea do novo espectáculo de Viravolta Títeres: Marionetas e guitarras no Camiño.

Será na primeira fin de semana de setembro, do 4 ao 6 con dúas funcións diarias as catro e media e seis e media. Marionetas e guitarras no Camiño é un concerto teatralizado baseado no relato do monxe italiano Giacomo Antonio Naia, que peregrinou a Santiago no século XVIII.

Viravolta Títeres desenvolve esta proposta conxuntamente co guitarrista Fernando Reyes, experto en música antiga e temas xacobeos.

Carboeiro acolle a estrea do espectáculo Marionetas e guitarras no CamiñoEsta estrea foi presentada na Sala de xuntas do Concello, ca presenza de Anxo García, de Viravolta, Fernando Reyes e a concelleira de Cultura, Mónica González, quen convidou ao público a disfrutar dun espectáculo “único, diferente, e que de seguro será un éxito polo aval que supón o prestixio dos seus artífices”.

Anxo García sinalou que é unha satisfacción volver a traballar con Fernando Reyes, gran coñecedor dos relatos sobre o camiño e co que están a traballar para a estrea desta proposta.

No escrito de Naia noméanse ademais lugares coma O Foxo, daquela o núcleo do que hoxe é Silleda, ou Chapa, entre outros. Pola sua banda, Fernando Reyes, cun extenso currículum como músico e destacado guitarrista, apuntou  que Carboeiro, (no que tamén ten actuado co seu grupo de música clásica Resonet) “é un dos lugares máis emblemáticos e un mosteiros máis emotivos”.

 Ryes tamén sinalou que o relato de Naia ten varios puntos destacados para comprender a peregrinaxe a Santiago. Así, apuntou que Naia “era unha persoa alegre que repartiu alegría” e que con esta proposta “se intenta non tanto rememorar outros tempos senon amosar que naqueles tempos o Camiño de Santiago ou a vida nos conventos coma Carboeirao pode ser moi distinta do que hoxe pensamos”. A música como vehículo de comunicación, sempre presente nos relatos de peregrinos anteriores ao século XIX é outro dos eixos desta proposta cultural ca que se abrirá ademais a programación silledense do mes de setembro.

Pola súa banda a concelleira Mónica González agradeceu ao Xacobeo e aos autores do espectáculo que elixiran Carboeiro para a súa estrea. “O mosteiro xa non é só un referente turístico da comarca e da Galicia interior senon que tamén é unha referencia para a celebración de actividades culturais, como se ten demostrado nos últimos anos”, engade.

Share.

Comments are closed.