Santa Comba, 13 de maio do 2020 – O concello de Santa Comba pide a Deputación que libere os cartos pendentes de devolución do PAI concedido no 2015.
O Plan de Aforro e Investimento, PAI, asignou 25 millóns de euros en créditos aos concellos no ano 2015. As bases da convocatoria indicaban que serían destinados a reducir a débeda municipal ou a investimento financeiramente sostibles. Os cartos devolveríanse en dez anualidades entre o ano 2017 e o 2026.
Liberar o PAI
Os concellos están obrigados a aboar as cantidades pendentes antes de novembro. As bases do acordo recollen a posibilidade de que se reteñan os cartos das recadacións, traballo que fai o organismo para moitos municipios, ou de con calquera outro pago que a Deputación deba realizar ao concello.
O que Santa Comba solicita e que se libere aos concellos de ese pago conseguindo así “favorecer a disposición de fondos económicos para todos os concellos e con eles paliar a situación económica de moitas empresas, autónomos e familias afectadas”. A proposta xa foi trasladada ao organismo provincial.