Bisbarra, 19 de abril do 2024 – O BNG levará ao Parlamento de Galicia a urxente necesidade dun arranxo integral do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.
A deputada Iria Carreira recibiu unha representación da ANPA do centro e comprometeuse a urxir a reclamación para que a actuación poda iniciarse canto antes. A deputada sinala que “As representantes da ANPA trasladáronos a gravísima situación na que se atopan as instalacións, con deficiencias que supoñen un risco para a saúde e seguridade de toda a comunidade educativa”.
Polo traslado polas representantes dos pais ao BNG, a deputada Iria Carreira explica que “A situación é xa extrema e urxe unha reforma integral do centro porque xa non soporta ningún mínimo control de calidade nin de seguridade para a comunidade educativa. Esiximos á Xunta que actúe de maneira inmediata e ofreza solucións sólidas e non parcheos a un centro do que xa nos chegaron suficientes avisos como para estar alerta e poñerse mans á obra para que non teñamos máis noticias desta desfeita”.