Santa Comba, 18 de decembro do 2019 – A relación entre Compromiso x Galicia e o Psoe en Santa Comba é puramente administrativa é o sucedido co Pos da Deputación é proba do desgoberno que vive o concello.
Dous plenos extraordinarios, un alcalde sen apoios, unha oposición con ausencia de concelleiros e un socio de goberno que dirixe desde fora é o decorado para ese desgoberno do que falamos.
Subvencións a 3 anos
O primeiro pleno extraordinario pretendía debater un plan de subvencións a 3 anos, 2020 a 2023 presentado polo alcalde David Barbeiro. O portavoz socialista José Antonio Ucha, teórico socio de goberno, apelou á secretaria para que se votara a inclusión ou non na orde do día xa que a proposta chegaba sen ditame oficial. A votación saiu favorable pero só foi o primeiro acto.
No debate Ucha mostrouse en contra de aprobar un plan de subvencións nominativas a 3 anos correndo o risco de que algunhas das entidades mencionadas desapareceran en ese tempo, ou incluíndo outras que aínda non cobraran subvencións asignadas anteriormente. O PP criticou as formas e o alcalde defendeu o Plan que incluía o procedemento a seguir en todos os casos. Finalmente a abstención do PP e o voto en contra do Psoe votou abaixo a proposta.
Pos, primeiro asalto
O seguinte punto foi o Plan de Obras e servizos da Deputación. A ausencia de dous concelleiros do PP sería determinante en este caso. Do mesmo xeito que no punto anterior foi necesario votar a inclusión da proposta na orde do día en este caso a maioría socialista impediu que se chegara ao debate.
Pos, segundo asalto
O segundo pleno extraordinario da mañá debía decidir o Plan de Obras e Servizos que presentaba en este caso o Partido Socialista. As acusacións de falta de vontade para conseguir o consenso foron epicentro do debate pero ao remate a maioría do Psoe conseguiu aprobar o Plan coas abstencións, ademais, de PP e CxG.
O vial de San Salvador
Protagonistas foron tamén os veciños de Grixoa de Esternande que reclamaban con cartaces o arranxo do vial de San Salvador. Ucha explicou que no Plan de Obras non poden incluírse obras que afecten a terreos que non sexan propiedade do concello. En este caso serían necesarias expropiacións polo que propuxo solucionalo no seguinte POS adquirindo previamente os terreos.
Un goberno de un
A desconexión entre Psoe e CxG resulta evidente xa que non foron capaces de consensuar o POS. Queda tempo ata que o Psoe acceda a alcaldía, en virtude do acordo que asignou a cada grupo dous anos no sillón de rexedor, e queda tamén por ver si este desgoberno pode aguantara ata enton.