Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Sánchez Bugallo presentará un novo orzamento en xullo

Bugallo reparto areas de goberno

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 18 de xuño do 2018 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa a distribución das áreas de goberno. Anticipou ademais que en xullo levará a pleno un novo orzamento que espera sexa aprobado.
    • Monteagudo seguirá defendendo cuestións nos xulgados
    • Reparto de áreas

Compostela, 18 de xuño do 2018 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa a distribución das áreas de goberno. Anticipou ademais que en xullo levará a pleno un novo orzamento que espera sexa aprobado.

A non aprobación polo pleno do presuposto de Compostela Aberta deixou sen consignación obras como a pasarela da Intermodal ou o arranxo das entradas do Camiño de Santiago. Bugallo quere agora resolver esa cuestión con este novo orzamento

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/06/xose-sanchez-bugallo-presuposto-en-xullo-18-xunho-2019.mp3

O novo alcalde espera un voto positivo de Compostela Aberta ou polo menos unha abstención

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/06/xose-sanchez-bugallo-presuposto-temas-18-xunho-2019.mp3

Monteagudo seguirá defendendo cuestións nos xulgados

Xaquín Monteagudo aceptou a petición de Bugallo de seguir levando nos xulgados temas como o da ora ou a municipalización da auga, a única condición que puxo foi non cobrar nada

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/06/xose-sanchez-bugallo-monteagudo-xulgados-18-xunho-2019.mp3

Reparto de áreas

Poucas novidades en canto o reparto de carteiras do novo goberno. O obxectivo, según Sánchez Bugallo, é o de “ofrecer un proxecto coherente e recoñecible á cidade”. Os concelleiros asumirán as seguintes áreas

– Mercedes Rosón Ferreiro, concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural. Primeira tenente de alcalde.

– Gumersindo Guinarte Cabada, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo. Delegado do Ano Santo 2021. Segundo tenente de alcalde.

– María Milagros Castro Sánchez, concelleira Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns. Terceira tenente de alcalde.

– Gonzalo Muíños Sánchez, concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas. Cuarto tenente de alcalde.

– Marta Abal Rodríguez, concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local. Quinta tenente de alcalde.

– José Manuel Pichel Patiño, concelleiro de Medio Rural.

– Noa Susana Díaz Varela, concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas.

– José Javier Fernández Martínez, concelleiro de Centros Socioculturais, Barrios e Obras.

– María Esther Pedrosa Carrete, concelleira de Deportes e Benestar Animal.

A Xunta de Goberno Local estará integrada por: Mercedes Rosón, Gumersindo Guinarte, Mila Castro, Gonzalo Muíños, Marta Abal, José Manuel Pichel, Noa Díaz e José Javier Fernández. As sesión celebraranse os luns. O alcalde exercerá de voceiro da Xunta de Goberno e Gumersido Guinarte de secretario.

O alcalde resérvase para si mesmo as competencias no ámbito do desenvolvemento económico, que inclúen as áreas de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados. A este respecto, indicou que é unha área que lle gusta e na que vén traballando nos últimos anos, sobre todo en relación con municipios portugueses como Braga ou Viana do Castelo, os cales, dixo, “teñen cousas das que debemos aprender deles”.

Esa referencia a outros modelos aplicouna a ámbitos nos que considera que Santiago debe reforzar a súa presenza, como no Eixo Atlántico, no Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España ou en proxectos europeos. En calquera caso, indicou que se aproveitará todo o que se “fixo de utilidade” neste ámbito, e puxo como exemplo a candidatura de Santiago como cidade creadora da UNESCO en base a un proxecto en torno ao cine.

Post navigation

Previous: A Deputación paga as expropiacións da senda Santiago Figueiras
Next: A atención primaria en folga

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Imaxen de arquivo do pregón nas Festas do Apóstolo
4 minutes read
  • Compostela

As Festas do Apóstolo recuperan as proxeccións no Obradoiro

Imaxe das empresas que conseguiron o certificado sicted e Compostela
3 minutes read
  • Compostela

A Deputación entrega as certificacións SICTED en Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.