займ срочно

Rubén Martínez e Paula Rodríguez gañan o I Trail Nocturno “Fervenzas de Toxosoutos”

0

Lousame, 1 de xullo do 2019 –  O campión galego de Trail, o nicrariense Rubén Martínez Mayo (Club Atletismo Negreira), e a corredora Paula Rodríguez Louro inscribiron os seus nomes como os primeiros gañadores do Trail Nocturno de Lousame “Fervenzas de Toxosoutos”.

O I Trail Nocturno disputouse na noite do sábado polos montes de San Xusto de Toxoasoutos (Lousame). Unha proba na que tomaron parte un total de 103 atletas chegados de toda Galicia e que se desenvolveu sen incidencia ningunha.

saída da andaina do I Trail Nocturno “Fervenzas de Toxosoutos”Rubén Martínez fixo bos os prognósticos antes de tomar a saída e, se ben calculaba facer un tempo de 1 hora e 20 minutos por ser un trail novo e estar recén recuperado dunha lesión, finalmente chegou á meta en solitario cun tempo de 1 hora 6 minutos e 12 segundos. O actual campión galego de Trail marcou un ritmo fortísimo de 4:43 dende a saída e percorreu en solitario os 14 quilómetros da proba. A algo máis de dous minutos chegaron os irmáns González Horte, do Lodeiros Trail. Víctor José González Horta foi segundo cun tempo de 1 hora 8 minutos e 29 segundos; mentres que Eloy González Horte foi terceiro cun tempo de 1 hora 8 minutos e 35 segundos.

Na proba feminina, a gañadora foi Paula Rodríguez Louro, atleta independente, cun tempo de 1 hora 34 minutos e 8 segundos, entrando no posto 34 da clasificación final. O segundo posto foi para unha atleta local, Natalia Martínez Arias, do Club Lousame Trail, cun tempo de 1 hora e 38 minutos e 3 segundos (posto 43 na clasificación final). Completou o podio feminino Olalla Duro Liñares, do Ponte Trail, cun tempo de 1 hora 41 minutos e 29 segundos, que lle valeron para ser 48 na xeral.

Premios

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; o presidente do Club Lousame Deporte, Néstor Romero; e o director de proxectos de Karios The Experience Company (empresa xestora do albergue de Toxosoutos), Miguel García, foron os encargados de entregar os premios dunha proba que arrincou ás 22:30 horas do sábado e rematou ben entrada a madrugada do domingo. Así mesmo, tamén foron premiados os atletas de maior idade participantes na proba: Germán Villanustre Abuín, da SD Barbantia Roda; e Chefa Cajuso, do Club Atletismo

Entre todas as persoas participantes no Trail se sortearon diversos agasallos das empresas patrocinadoras da proba (Rekord Sport material deportivo, Hoka One One e Lurbel Precision Garment). Así mesmo, o albergue de Toxosoutos agasallou aos participantes cunha cea a base de mexillóns e arroz.

Andaina

Unha hora antes da saída dos atletas trail partían os 70 participantes na andaina nocturna “Posta de Sol no Monte Culou”, organizada pola empresa turística Galicia es +, xestión de eventos con alma. Unha camiñata que se desenvolveu sen incidencias, salvo unha escordadura de nocello que fixo que a persoa fose trasladada a Toxosoutos por membros de Protección Civil de Lousame para ser atendida polo médico e o persoal da Cruz Vermella de Noia.

María Luísa Ferreiro, de Galicia Es +, foi a encargada de dirixir a camiñata, mentres instaba aos presentes a controlar as súas respiracións para tentar liberarse do estres do día a día. A expedición chegou en tempo para desfrutar da posta do sol sobre a Ría de Muros-Noia dende o Monte Culou, onde está previsto construír un miradoiro.

Tanto a Andaina como o Trail foron libres de plástico, polo que para os avituallamentos os participantes tiñan que levar o seu propio recipiente, xa que non houbo nin botellas nin vasos de plástico. Así mesmo, evitouse a sinalización con cintas de plástico e optouse por unhas de cartón que despois foron recollidas polo Voluntariado local, que estivo apoiando o desenvolvemento da proba dende primeira hora da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies