Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Buscando un futuro para a planta de reciclaxe de Lousame

Pablo Lago, alcalde de Brión e presidente da Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza, visitou a planta de reciclaxe de Servia, Lousame, invitado polo comité de empresa e a empresa FCC.
lousame-pablo-lago-visita-planta-reciclaxe-slide-18-marzo-2024-(1)_r

Bisbarra, 18 de marzo do 2024 – Pablo Lago, alcalde de Brión e presidente da Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza, visitou a planta de reciclaxe de Servia, Lousame, invitado polo comité de empresa e a empresa FCC.

Lago Sanmartín foi recibido por Luís Fernández, xefe da planta de reciclaxe que xestiona FCC, e por Ángel Brantuas, presidente do comité de empresa, quen estivo acompañado por varios membros do mesmo.

Fernández guiou á comitiva polas instalacións da planta de tratamento de lixo, onde puideron comprobar o seu funcionamento, o estado da flota e da maquinaria e a zona de vertedoiro entre outros departamentos. Pablo Lago dixo que “Queriamos ver sobre o terreo o funcionamento da planta e comprobar tamén o estado no que se atopan tato as instalacións como a flota de vehículos”.

Mesa de traballo

O presidente da Mancomunidade explicou que o pasado 7 de marzo tivo lugar en Brión a primeira mesa de traballo despois das eleccións autonómicas na que participaron os alcaldes e alcaldesas dos municipios que levan os seus refugallos á planta de reciclaxe de Servia.

Nese encontro analizáronse xa algúns dos asuntos expostos dende o comité de empresa e por FCC como o plan de pagos, a compra de novos contedores ou a reparación da maquinaria. Pablo Lago deu conta tamén das reunións de traballo mantidas con Sogama, Ecoembes e coa Xunta de Galicia para tratar cuestións de importancia para o futuro da planta. Encontros que continúan producíndose, como o celebrado a pasada semana coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez Castellanos.

Unha vez finalicen as mesas de traballo cos alcaldes e alcaldesas, Pablo Lago convocará unha Xunta Xeral de Concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza, atendendo así a petición realizada pola maior parte dos seus integrantes, así como unha Asemblea Xeral, para tomar as decisións precisas para garantir o futuro da planta de tratamento de lixo de Servia.

Post navigation

Previous: Reclaman máis financiación da Xunta para o SAF
Next: Movendo os marcos: Galicia Fórum Gastronómico

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.