займ срочно

Rubén Aramburu fala da súa peza preferida no Museo do Pobo Galego

0

Compostela, 19 de setembro do 2017 – O párroco e dinamizadorRubén Aramburu é hoxe o protagonista, as sete da tarde, do ciclo Teño unha peza organizado polo Museo do Pobo Galego.

 Rubén Aramburu realizou estudos de Filosofía e Teoloxía en Compostela e Salamanca. É membro da directiva da Asociación Irimia, fai parte da mesa de redacción de Encrucillada. Colabora con asociacións como Xermolos e é dinamizador sociocultural, tendo participado en infinidade de proxectos comunitarios e culturais.

É crego rural, foi profesor do Seminario Menor de Santiago. Defínese como galeguista e como seguidor do Deportivo. Foi actor ocasional, colaborando en programas de televisión como “Un país para comérselo”, en escenarios de teatro.

Rubén Aramburu foi tamén protagonista da homenaxe ao seu amigo John Balan na Sala Nasa de Compostela. Aparece con Miguel de Lira e Tonhito de Poi nunha escena cuxo escenario é o campanario da igrexa de Santo Tomé de Piñeiro dun documental dedicado a aquel peculiar artista.

Actualmente é párroco en San Salvador de Bergondo, antes foino doutras parroquias como Santa María do Campo e Santo Tomé de Piñeiro, de  onde tivo que saír por obediencia debida contra a vontade dos veciños e de numerosos colectivos sociais, a pesar de que estes no ano 2011 reuniron milleiros de sinaturas que non conseguiron, sen embargo, que a autoridade competente o deixase quedar.

Conta con múltiples artigos en Encrucillada: Revista galega de pensamento cristián, Terra e tempo, Encrucillada e Irimia.

Continuador da labor de cregos de base como Paco de Aguiño, e de teólogos como Pepe Chao,… Na súa traxectoria xunta o galeguismo e unha nova visión do cristianismo, máis humana e comprometida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies