займ срочно

Reprobación do alcalde da Baña

0

A Baña, 26 de febreiro do 2021 – Compromiso por Galicia e Partido Popular aprobaron no pleno municipal do alcalde da Baña, o socialista José Antonio Pereira.

A reprobación foi proposta como moción por Compromiso por Galicia. O voceiro, Cesar Ramos, explicaba nunha longa alocución algúns dos motivos polos que a presentaban

A reprobación ten un mero caracter simbólico xa que non conleva ningún tipo de acción ou sanción sobre o rexedor.

Sen orzamentos

Os orzamentos para o presenta ano eran levados a pleno pero terán que agardar un mes máis para ser votados. Despois dun longo debate, foron retirados da orde do día co apoio do equipo de goberno (PSdeG), a abstención do PP e o voto en contra de CxG. O alcalde propúxolle a oposición seguir negociando durante este mes, que presenten emendas, e poder debater de novo o presuposto no pleno de marzo.

Servizos compartidos

A Corporación da Baña ratificou por unanimidade o convenio con Santa Comba para manter a Unidade de Atención Temperá, que atende actualmente a 7 rapaces da Baña. Tamén por unanimidade aprobouse o convenio con Negreira e Val do Dubra para financiar os gastos de persoal da oficina de turismo e poder contratar un técnico este ano.

Outros temas

Tamén por unanimidade se aprobou o plan estratéxico de subvencións 2021-2024 que regulará as convocatorias de axudas e subvencións que aprobe o Concello.

A moción do PSdeG para solicitarlle á Xunta que paralice a tramitación do parque eólico de Troitomil, ata que se modifique a lei eólica de Galicia, foi aprobada cos votos do equipo de goberno e de CxG.

No capítulo de rogos e preguntas tanto PP como CxG preguntaron se o Concello ía solicitar axudas para elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía sustentable (PACES), replicando o alcalde que estaba practicamente rematado, polo que non se solicitaron estas axudas.

O PP insistiu na necesidade de vixiar e reclamarlle as empresas madeireiras que reparen os camiños e pistas municipais; e CxG reclamou os contratos e o plan docente da Escola Municipal de Música e preguntou polo custo de GimnasioTV.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies