займ срочно

Preséntase en Teo o libro Memoria e legado dos Petróglifos

0

Teo, 14 de xullo do 2021 – Teo acolle este xoves a presentación do libro que recolle o traballo do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza “Memoria e legado dos Petróglifos”.

A obra está editada polo Colectivo A Rula que explica que nela  “se amosan materiais inéditos do Arquivo do seu parente Nuñez Sobrino con especial atención a Teo e aos seus petroglifos”.

O acto terá lugar o xoves 15 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste e para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal ou chamando ao número 981.941.063.

O libro recolle unha ampla selección do fondo documental e gráfico dun dos pais da arqueoloxía galega. Sobrino dedicou parte da súa vida a documentar o pasado dun xeito rigoroso.

Dende a Rula destacan que “Ramón Sobrino segue a ser, máis de sesenta anos despois da súa morte, un dos grandes referentes no estudo da arte rupestre galega, no só por ter sido un dos pioneiros neste campo concreto da nosa Prehistoria, senón tamén porque proporcionarlle unha dimensión científica ó estudo dos petróglifos e megálitos galaicos”.

Este catálogo reúne máis de 450 fotografías e 130 documentos (planos, apuntamentos, deseños…), a grande maioría inéditos, dun total de 103 enclaves arqueolóxicos distribuídos en 31 municipios das provincias da Coruña e Pontevedra e do Norte de Portugal.

Estas imaxes permiten ver e coñecer algúns conxuntos patrimoniais xa desaparecidos e noutros casos ver os cambios experimentados nestes xacementos nestas últimas décadas froito da acción dos axentes naturais e da actividade humana.

O acto de presentación conta coa colaboración da Concellaría de Cultura e a edición do libro ten o apio da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.