займ срочно

Ovidio Rodeiro inaugura hoxe a piscina infantil de Frades

0

Frades, 23 de xuño do 2017 – A piscina municipal de Papucín (Frades) abre as súas portas ao público ás 16:30 horas de hoxe venres coa presencia do Delegado Provincial da Xunta Ovidio Rodeiro.

As instalacións foron sometidas a unha profunda mellora por parte do Concello de Frades, que construíu unha piscina infantil e habilitou unha nova zona de paseo, ampliando así a superficie útil do lugar.

Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, serán os encargados de inaugurar a piscina infantil, construída grazas a unha achega de 26.446 euros da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Unha axuda conseguida polo Concello de Frades a principios do verán de 2016 ao abeiro do programa de axudas á creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de Servizos Municipais convocadas pola Xunta e cofinanciadas con Fondos FEADER no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Novo horario

A piscina de Frades abre ampliando o seu horario en dúas horas as fins de semana. Así, o horario de luns a venres manterase de 15:30 a 20:30 horas; pero os sábados e domingos adiantarase a apertura ás 13:30 horas. A entrada ás instalacións é totalmente libre e de balde.

Paralelamente, o Concello de Frades ofrecerá os tradicionais Cursos de Natación, que terán lugar do 10 de xullo ao 25 de agosto na piscina municipal. Haberá clases 3 días por semana, en horario de 14:30 a 16:00 horas. Organizaranse dous grupos: nenos/as maiores de 4 anos (15 euros persoas empadroadas) e adultos (25 euros). As persoas non empadroadas aboarán 10 euros máis en cada caso. Máis información e inscricións no Concello de Frades (981 695 567 ou  981 695 663). A data límite para anotarse é o martes 4 de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies