займ срочно

Piden que o concello de Santiago teña un procedemento áxil para a cesión de material municipal ás festas populares

0

Compostela, 29 de xullo do 2019 – O Partido Popular reclamara do goberno local que articule un procedemento estable e eficaz para a cesión de material municipal aos organizadores de festas populares.

 Os populares demandarán esta medida, según explican, ante as dificultades que lle expresaron representantes de colectivos sociais, como os do barrio de Conxo con motivo do San Xoán. Segundo pon de manifesto o grupo municipal, representantes veciñais do barrio de Conxo fixéronlle chegar que durante a celebración das festas de San Xoán deste ano tiveron dificultades para obter a colaboración municipal no tocante á dotación de material que, habitualmente, reciben por parte do concello, fundamentalmente valos de protección e recipientes para o lixo para instalar no lugar da celebración. Unha situación que, ao parecer, tamén se viviu noutras festas populares e noutras zonas.

O PP advirte da necesidade de dar cumprida e puntual resposta ás demandas veciñais para aquelas celebracións, como a da noite de San Xoán, que contan cunha arraigada tradición en especial no barrio de Conxo, onde a veciñanza se implica ao longo de varios días nos preparativos e na organización de moitos actos con este fin.

En consonancia con esta dedicación, o Concello debe aplicarse á hora de facilitar a súa colaboración para non supoñer un atranco para levar a cabo unha organización participativa, realizada de forma desinteresada e altruísta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies