займ срочно

O Partido Galeguista de Padrón nega ningún tipo de preacordo co equipo de goberno                                         

0

Padrón, 11 de marzo do 2017 – O Partido Galeguista de Padrón ven de emitir un comunicado no que aclara a reunión que manterá co alcalde da vila sobre unha posible proposta de acordo de goberno.

O Partido Galeguista de Padrón explica no comunicado que as únicas noticias sobre unha proposta de acordo son as aparecidas en algún medio de comunicación. Recoñecen que o portavoz da formación, Ángel Rodríguez Conde, recibiu unha chamada do alcalde, Antonio Fernández Angueira, solicitando unha reunión para intentar fortalecer o goberno municipal.

O Partido Galeguista de Padrón deixa claro que sentarse a falar non implica nada máis que iso, non hai ningunha intención que non sexa a de escoitar as propostas do alcalde. Según Ángel Rodríguez ” A nós o que nos preocupa é Padrón, e cambiar certos aspectos da xestión do Concello que creemos que son mellorables. De feito, é coñecido, que nós somos bastante críticos co goberno do PP, porque cremos que hai cousas que non se están facendo ben e por iso, para intentar enderezar o rumbo, ata fai apenas unhas semanas tamén falamos cos demais grupos da oposición por si había posibilidades dunha moción de censura, como xa sabedes quedou descartada por non ter os apoios suficientes”.

Na anterior lexislatura o Partido Galeguista formou parte durante un tempo do goberno que deixou no 2014 ao non levarse acabo algunha das súas demandas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies