займ срочно

Reclaman no Parlamento a mellora da depuradora de Sigüeiro en Oroso

0

Oroso, 6 de maio do 2022 – O grupo socialista no Parlamento de Galicia ven de presentar unha cuestión para instar á Xunta de Galicia a que colabore co concello de Oroso na mellora da depuradora de Sigüeiro.

A deputada Noa Díaz definiu a actualización e mellora da depuradora como  “imprescindible e urxente”. A dirixente socialista denunciou as “deficiencias” da EDAR de Sigüeiro que fan que os rendementos de depuración estean “por debaixo das garantías de deseño” da instalación, “o que pode dar lugar a incumprimentos da directiva europea, alivios da auga bruta por avarías nas bombas de cabeceira ou cheiros co conseguinte impacto negativo sobre o medio e a contorna”.

Malia que o Concello de Oroso abona anualmente 90.000 euros polo canon de saneamento da auga, sinalou Díaz, a Xunta nos últimos 13 anos “non reverteu esta achega económica en ningunha obra de mellora, cuestión que non acontece da mesma forma noutros concellos”, onde o Executivo autonómico sufragou actuacións de mellora, o que dá lugar a un “agravio comparativo” entre os diferentes municipios.

Dende que a depuradora entrou en funcionamento en 1998 e malia que dende o seu inicio se constatou que a instalación estaba excedida na súa capacidade de tratamento, a primeira obra de mellora se levou a cabo foi en 2009, pero a actuación, lamentou a socialista, “non foi todo o efectiva que se precisaba”.

Ante esta circunstancia, a empresa explotadora da instalación, a mandato do Concello, elaborou dous informes, en 2016 e 2020, cunha avaliación da situación das instalacións e un orzamento de mellora valorado, na última memoria, en 253.000 euros, polo que agora, concluíu Díaz, “é de xustiza que a Xunta cumpra co Concello de Oroso e colabore na mellora da depuradora de Sigüeiro”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies