Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

A Deputación inviste 270.000 euros na contratación de técnicos deportivos en 20 concellos da bisbarra

A Deputación da Coruña destinará este ano máis de 900.000 euros á contratación de técnicos deportivos en concellos de toda a provincia.
deputacion-investimentos-deportes-slide-28-febreiro-2024_r

Bisbarra, 28 de febreiro do 2024 – A Deputación da Coruña destinará este ano máis de 900.000 euros á contratación de técnicos deportivos en concellos de toda a provincia.

O responsable da área de Deportes da Deputación, Antonio Leira, visitou o concello de Oroso para presentar estes investimentos que no que atinxe á bisbarra de Compostela supoñen 270.000 euros.

Leira estivo acompañado polo alcalde de Oroso, Alex Doval, os concelleiros Luís Rey e Jesús Fernández e o técnico de Deportes municipal, Manuel Cruz. A visita centrouse no centro deportivo Juanito Amigo, onde o deputado supervisou algunhas das actividades deportivas que se desenvolven no municipio.

Leira destacou que a Deputación destina este ano 904.000 euros para financiar este programa, que permitirá a 67 concellos da provincia, vinte deles na comarca de Compostela, contratar ou manter no seu cadro de persoal a técnicos deportivos “que teñen como misión dinamizar a actividade deportiva dos municipios e planificar un calendario de actividades para todos os públicos”.

O deputado sinalou que se trata dun programa que “contribúe de maneira directa á xeración de 62 empregos noutros tantos municipios da provincia” e, ademais, “facilita a realización de programacións deportivas con actividades variadas e estables, promovendo a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños e veciñas de todas as idades nos concellos da provincia”.

“O compromiso da Deputación co deporte en Oroso é moi claro”, afirmou o deputado, que é tamén é concelleiro na localidade, destacando o apoio provincial a numerosos clubs e entidades deportivas do municipio e investimentos importantes como os 300.000 euros investidos para a mellora do campo de fútbol ou os 400.000 comprometidos para o novo pavillón polideportivo de Sigüeiro.

O alcalde, Alex Doval, agradeceu a cooperación da Deputación  “que é o paraugas dos concellos máis pequenos para o sostemento do posto de traballo dun técnico de Deportes que nos axuda a organizar todas as actividades e eventos deportivos que organiza o municipio”.

Post navigation

Previous: Sometido a exposición pública o SUND 12 do concello de Teo
Next: Ames aproba de xeito inicial o orzamento para o 2024

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.