займ срочно

Oroso humaniza o camiño Inglés ao seu paso pola vila

0

Oroso, 21 de outubro do 2021 – O concello de Oroso ven de rematar os traballos de acondicionamento e humanización do Camiño Inglés ao seu paso pola vila.

Desde hai semanas trabállase no Camiño Inglés para mellorar o seu aspecto. A instalación de elementos de descanso, novas marquesiñas e colectores de lixo integrados na paisaxe son algunhas das melloras acometidas.

Tamén se rehabilitou e limpou a Fonte da Santiña e dos lavadoiros más próximos a este tramo da ruta, que xa ofrecen un aspecto renovado. O alcalde Luís rey declarou que “Cada vez son más os veciños e veciñas de Oroso que utilizan o tramo do Camiño Inglés para pasear a diario, o que para nós é unha satisfacción, ademais da importancia de ter todas as sendas acondicionadas para os peregrinos”.

Para o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, “o noso entorno natural e o Camiño Inglés son dous atractivos de Oroso, que teñen que desfrutar en primeiro lugar os nosos veciños e tamén todos os que nos visitan”.

A construción de sendas peonís por todo o concello e o impulso do Camiño Inglés son dúas prioridades para o grupo de goberno orosán, consciente do seu impacto para mellorar a vida diaria dos veciños e incrementar o número de visitantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies