займ срочно

Oroso confirma un positivo por Coronavirus

0

Oroso, 25 de marzo do 2020 – Oroso ven de confirmar o primeiro caso de Coronavirus aínda que se trata dunha persoa que só acude ao municipio a traballar.

Onte o concello publicaba na web unha nota que informaba de que se estaban realizando probas de Coronavirus xa que se detectaran casos con síntomas e que viaxaran recentemente. unha de esas probas dou positivo e o entorno da persoa foi posto en corentena.

Desde o concello piden calma e engaden que se están a tomar todas a medidas necesarias. A desinfección do Centro de Saúde e doutras instalacións comúns así como entradas de comercios seguen realizándose como en días pasados.

Con Oroso son xa catro os concellos con casos confirmados na bisbarra, xunto con Frades, Ordes e Santa Comba.

Calma e colaboración

O concello pide calma a cidadanía xa que se están todas as medidas necesarias. Os departamentos municipais seguen funcionando na maioría de casos de xeito telemático e incrementouse a axuda a domicilio.

O concello recibiu ademais ofrecementos de voluntariado pero polo momento é Protección Civil que se está encargando da distribución de alimentos e medicamentos as persoas que so solicitan. os teléfonos aos que se pode chamar para pedir esta axuda son os seguintes

981 688 950, de Servizos Sociais do Concello de Oroso.

698 169 443, de Protección Civil de Oroso.

638 050 451, de Alcaldía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies