займ срочно

Entroido 2020 en Oroso

0

Oroso, 14 de febreiro do 2020 – Oroso repartirá máis de 3.000 euros en premios, ademais de organizar concertos e obradoiros de cociña, nas actividades do Entroido 2020.

A programación do concello terá o seu momento álxido na tarde do día 22. O desfile de Entroido  sairá do pavillón de deportes e farán un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concurso premiará as mellores comparsas e disfraces en categoría Adultos e Infantil. Ao mesmo tempo os que acudan disfrutarán ata a noite de actividades de animación, inchables, e música.

Entroido 2020 en OrosoÁ marxe do desfile, Oroso celebrará unha nova edición do concurso de receitas ‘En galego sabe mellor’, dirixido a maiores de 16 anos, e dous obradoiros de repostería e arte floral.

A concelleira de Cultura, Vanesa Boo, destaca “a variedade de actividades, para que todos os veciños e veciñas poidan participar nelas; o desfile do sábado ten cada vez máis nivel e esperamos como sempre moita xente esa tarde polas rúas e o pavillón”.

A programación do Entroido inclúe tamén un concurso de máscaras, no que tamén haberá premios para os mellores; o Festival do CRA, un concerto da Escola de Música, e actividades de animación para os máis pequenos.

Entroido 2020 en OrosoO luns 24 de febreiro chegará a quenda da festa de disfraces, cun discomóbil para nenos e nenas con dj, mascota e obradoiro de maquillaxe. Os asistentes poden colaborar levando filloas, orellas e outros productos típicos de Entroido.

Todos os interesados en obter máis información sobre cada unha das actividades organizadas polo Concello de Oroso e os requisitos para participar, poden facelo no centro cultural, no teléfono 981690903 e na páxina web.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies