Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso

O futuro de Oroso pasa polas axudas á vivenda, os servizos e o emprego

O alcalde de Oroso, Luís Rey, e a subdelegada do Goberno, María Rivas, mantiveron unha reunión coas axudas a vivenda enriba da mesa
es ti quen cantas 21 febreiro 2022 (1)

Table of Contents

Toggle
  • Oroso, 21 de febreiro do 2022 – O alcalde de Oroso, Luís Rey, e a subdelegada do Goberno, María Rivas, mantiveron este venres unha reunión coas axudas a vivenda ao concello como un dos eixes centrais da conversa.
    • Axudas a vivenda
    • Novo pavillón

Oroso, 21 de febreiro do 2022 – O alcalde de Oroso, Luís Rey, e a subdelegada do Goberno, María Rivas, mantiveron este venres unha reunión coas axudas a vivenda ao concello como un dos eixes centrais da conversa.

A recen aprobada lei de vivenda pode ser un impulso para o crecemento do municipio. Tanto o alcalde de Oroso como a subdelegada destacaron a importancia das axudas previstas que poden significar un crecemento demográfico si se complementa coa ampliación do polígono industrial e o emprego que pode xerar.

Axudas a vivenda

María Rivas, destacou que o Executivo que preside Pedro Sánchez concederá unha axuda de ata 10.800 euros para aqueles mozos e mozas que decidan adquirir unha vivenda para uso habitual en municipios de menos de 10.000 habitantes, como é o caso de Oroso.

Esta subvención terá unha axuda de ata 360 euros ao mes naqueles casos en que se opte polo alugueiro dunha vivenda en vez da compra. Os beneficiarios e beneficiarias serán aquelas persoas que no momento de solicitar a axuda teñen 35 anos ou menos.

Novo pavillón

No encontro, o alcalde explicoulle o proxecto para a construción dun novo pavillón polideportivo, demandando a colaboración do Goberno na posta en marcha da infraestrutura.

Por outra banda, o servizo de obras da Demarcación de Estradas da Delegación do Goberno continuará cos traballos de mellora e acondicionamento das vías de servizo e as pistas de acceso á N-550 no Concello de Oroso.

Post navigation

Previous: Un 8 de marzo con Mulleres de Compostela
Next: Lousame e Rois preparan o Entroido 2022

Máis novas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

Camiño INgles ao seu paso por Oroso
2 minutes read
  • Oroso

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

Un momento da concentración en Oroso polo peche do Centro de Saúde
2 minutes read
  • Oroso

Máis queixas polos peches de centros de saúde

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
3 minutes read
  • Oroso

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026
2 minutes read
  • Axenda

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026
2 minutes read
  • Oroso

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.