Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso

Oroso pecha o 2021 cun remanente de tesourería de 1.735.052,23 euros

O Concello de Oroso pechou o ano 2021 cun remanente de tesourería de 1.735.052,23 euros que será investido en diferentes obras e proxectos.
imaxe do concello de Oroso

Oroso, 25 de marzo do 2022 –  O Concello de Oroso pechou o ano 2021 cun remanente de tesourería de 1.735.052,23 euros que será investido en diferentes obras e proxectos.

Oroso destinará de esa cantidade un total de 1.393.901,16 euros a investimentos. Destacan o remate das obras do novo auditorio e ampliación do centro cultural; a posta en marcha do carril-bici desde Sigüeiro ata a estación de Oroso; traballos de asfaltado en Ponte Carollo, e melloras no abastecemento en San Román, o lugar da Estación e Villalbarro Mariñaos.

O concello construirá tamén unhas novas gradas no campo de fútbol de Oroso e renovará o alumeado en Alexandre Bóveda e a senda peonil de Estación (Oroso), ademais de destinar outras partidas á finalización de obras iniciadas o ano pasado.

imaxe do concello de OrosoOutros 300.000 euros do remanente, que será debatido nun pleno municipal a próxima semana, destinaranse a gasto corrente, principalmente a axudas e subvencións a asociacións e clubes deportivos, entidades culturais e Protección Civil.

O alcalde, Luís Rey, declarou que “Temos un concello saneado, o que nos permite investir o remanente en obras, moitas delas nas parroquias e o rural, co único obxectivo de mellorar os servizos e infraestruturas de Oroso e, en definitiva, a vida dos nosos veciños”.

Post navigation

Previous: Unha alfombra global
Next: A Xunta confirma a negativa á extracción de cobre en Touro

Máis novas

Camiño INgles ao seu paso por Oroso
2 minutes read
  • Oroso

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

Un momento da concentración en Oroso polo peche do Centro de Saúde
2 minutes read
  • Oroso

Máis queixas polos peches de centros de saúde

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
3 minutes read
  • Oroso

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026
2 minutes read
  • Axenda

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026
2 minutes read
  • Oroso

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

OROSO CAMPO LINO BALADO 20 XANEIRO 2026
2 minutes read
  • Oroso

Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

oroso praza usaac diaz pardo 23 decembro 2025 (1)
2 minutes read
  • Oroso

Oroso abre ao tránsito peonil a Praza Isaac Díaz Pardo

oroso campanha comercio local 16 decembro 2025 SLIDE
2 minutes read
  • Axenda

Oroso promove as compras no comercio local

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.