займ срочно

O Real Madrid foi un muro infranqueable para o Monbus Obradoiro

0

Compostela, 22 de outubro do 2018 – crónica Íñigo Caínzos / Lindeiros – O  Monbus Obradoiro non puido contra todo un campión de Europa como o Real Madrid (73-86).

O Real Madrid aplacou a rebelión  obradoirista, cun partido moi serio, ben xogado desde o inicio, cando Santi  Yusta e  Antonhy  Randolph dispararon ao Real Madrid con 7 e 8 puntos respectivamente. Os de  Laso colleron pronto o control do encontro, baixo a batuta de Facundo  Campazzo (seis asistencias) e non a soltaron ata o final. O campión de Liga e de Europa, recente gañador da  Supercopa Endesa, soubo xestionar moi ben as distancias durante todo o choque.

Imaxe> ACB / X. Cortizo

Cifras igualadas en porcentaxe de tiro de dous e de tres

Nun partido igualado en termos de porcentaxes, tanto en tiros de dous como de tres, a diferenza final estivo na liña de persoal. O combinado branco anotou 27 de 34 encontros. O  Monbus Obradoiro quedou en 14 de 20. Trece tiros libres anotados de diferenza. Trece foron os puntos de distancia entre  obradoiristas e madridistas ao termo do encontro.

O Real Madrid gaña a batalla na pintura

A batalla na pintura tamén resultou clave para decantar a balanza en favor dos de Pablo  Laso.  Kuzmic impuxo os seus  centrímetros para atrapar nove balóns preto do aro (sete en defensa e dous en ataque), e Gabriel  Deck e Santiago  Yusta  batallaron ata a  extenuación para apuntarse sete e seis capturas respectivamente. As segundas oportunidades nutriron de puntos ao Real Madrid (dezasete, fronte aos sete do  Monbus Obradoiro).

Imaxe> ACB / X. Cortizo

Os  obradoiristas non se renderon en defensa

Non se renderon os de Moncho Fernández, menos inspirados que noutras ocasións en ataque, pero moi traballadores en defensa. Eran conscientes os xogadores galegos de que o Madrid de  Laso é un equipo que voa cada vez que ten unha oportunidade, que castiga moito as imprecisións  desangrando aos seus rivais. Neste sentido, a posta do  Monbus Obradoiro en escena foi moi notable, reducindo ao máximo as perdas (9), e freando unha e outra vez os contragolpes do Madrid (só dous puntos).

Obst e  Brodziansky, máis valorados

Nin a avultada desvantaxe no marcador nin a elevada carga de persoais amedrentaron ao  Monbus Obradoiro. Andy  Obst bombardeou o aro madridista desde a distancia (17 puntos) e  Brodziansky buscou con insistencia a canastra por dentro (14 tantos). Ambos foron os referentes en valoración do  Monbus Obradoiro, con 19 créditos. Vibrou Sar coa entrega de Pozas, índose ao chan para loitar un balón perdendo por 15, ou coa rabia de  Spires, que se colgou do aro habilitado por  Sàbat.

Imaxe> ACB / X. Cortizo

A afección despediu en pé ao equipo polo seu esforzo

Por iso, pola coraxe mostrada polos doce gladiadores galegos fronte ao xigante campión madridista, a afección despediu posta en pé aos seus xogadores, a seis días vista do especial derbi galego en Lugo contra o Cafés Candeas Breogán (sábado,18:00)

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies