займ срочно

O Cafés Candelas Breogán  lévase o derbi ante o Monbus Obradoiro

0

Compostela, 29 de outubro do 2018 – Íñigo  Caínzos Obradoiro CAB – Lindeiros

Mal día para o Monbus que non conseguiu nin gañar nin tampouco dar unha boa imaxe como en partidos anteriores perdendo 69 a 56. O Cafés Candeas Breogán levou o triunfo grazas a un gran esforzo defensivo e ao traballo interior de  Jerome Jordan,  MVP do encontro (9 puntos, 14 rebotes e 16 de valoración).

O Breogán manda en defensa e perdoa desde o triplo

ACB-Photo-J.L.Vega

Os lucenses, esporeados polo seu público, saíron a morder desde os primeiros compases e mantiveron moi elevado o nivel de intensidade durante toda a primeira metade. Os de  Natxo Lezcano traballaron arreo en defensa, complicando cada ataque do  Monbus Obradoiro. Os santiagueses non lograron fluidez e só atoparon amparo en accións esporádicas de  Brodziansky e tamén de  Llovet, ademais das visitas á liña de persoal. Ao descanso o  Monbus Obradoiro marchouse con 18 puntos anotados, acusando a falta de acerto no primeiro tramo do encontro e asfixiado polo gran traballo da  retagarda breoganista (4 de 25 en tiros de campo).

Máis fluidez dos  obradoiristas tras o descanso

ACB-Photo-J.L.Vega

O descanso serviu para que o  Monbus Obradoiro cambiase a súa cara en ataque.  Kostas Vasileiadis entoouse con dous triplos consecutivos, volveu aparecer Nacho  Llovet, o mellor dos visitantes (14 puntos, 24 de  valoración) e creceu a figura de  Spires. O Monbus Obradoiro empezou a tratar de recortar distancias ás alancadas, pero os santiagueses erraron nos momentos nos que o Breogán baixou as súas porcentaxes. Houbo tiros francos que non entraron e algún erro defensivo que terminaron por sepultar as opcións  obradoiristas despois de que  Obst puxese o partido nun pano (55-51).

A batalla polo rebote decanta o partido

Aínda que as estatísticas reflicten que a partida reboteadora estivo rifada, o certo é que as segundas oportunidades deron importantes balóns de osíxeno ao Cafés Candelas Breogán. Os lucenses capturaron 13 rebotes na zona santiaguesa, que supuxeron trece puntos para o elenco de  Natxo Lezcano. Nese sentido, a figura de  Jerome Jordan foi clave. O pivote, imparable, acabou con 14 capturas, tres delas no aro visitante. Ademais, a súa intimidación e  explosividad en ataque terminaron por acabar coas opcións do  Monbus Obradoiro no derbi galego.

ACB-Photo-J.L.Vega

Afección  obradoirista no Pazo dos Deportes

Mención especial merece a afección  obradoirista. Preto de 250 persoas conviviron animadamente na bancada coa afección lucense e non deixaron de animar en ningún momento ao conxunto  obradoirista a pesar de que o Cafés Candeas Breogán sempre estivo por diante no marcador. A pesar da derrota, alzaron as súas bufandas ao final do encontro animando aos seus, sendo correspondidos polos xestos de agradecemento dos xogadores e, aqueles que se desprazaron no autobús, esperaron ao equipo ao seu regreso a Sar pese ao frío para alentar ao persoal obradoirista cun longo aplauso e palabras de apoio.

Moita liga por diante

Queda moita liga como demostra que entre do 10 ao 16 da clasificación tódolos equipos teñen catro puntos e do 6 ao 9 tres. Os seguintes partidos poden definir como rematará a primeira volta da ACB.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies