Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Música ao fresco co ciclo Terrazeando

ciclo-terrazeando-2018-slide-23-xunho-2018-(1)_r

Compostela, 23 de xuño do 2018 – Terrazeando, ciclo de concertos ao fresco chega a súa sétima edición a partir do próximo día 26 e ata o 27 de xullo.

Trátase dun ciclo estival organizado pola Asociación Desconcierto Cultural co que se pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares de Compostela que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles. A axenda de Terrazeando foi presentada pola alcaldesa en funcións, María Rozas, e Álvaro Álvarez de Desconcierto Cultural no NH Collection Santiago.

María Rozas, destacou a implicación do Concello de Santiago coa música ao vivo e coa creatividade cultural, así como o interesante de aproveitar espazos máis descoñecidos da cidade para resaltalos coa música en directo e dalos a coñecer. Pola súa banda Álvaro Álvarez agradeceu o apoio do Concello así como o dos patrocinadores que fan posible que este ciclo saia adiante (Cervezas Alhambra, Fundación SGAE, Vermú Lodeiros, Grupo Reboreda Morgadío) e o dos colaboradores (Hotel Costa Vella e NH Collection Santiago) así como aos espazos nos que se celebrarán os concertos.

O ciclo volve neste 2018, na súa sétima tempada, cun bo feixe de propostas apaixonantes, xa que temos a retrosicodelia de Baywaves, a tensión dos portugueses Dear Telephone, o pop canónico de Exnovios, o sixtie progresivo de Los Reyes Magos, ou o espírito festivo de Alberto & García. E, por suposto, unha excelsa representación da terra co garaxe gamberro de Kings of The Beach e o folk de Helen & Shanna.

Todos os concertos serán ás 21.00 h e con entrada de balde, ata completar aforo no caso dos que sexan en lugares pechados. O autor de toda a obra gráfica do ciclo é o deseñador Jorge Vicente Díaz.

Post navigation

Previous: Carlos Rodríguez, codirector Festival Son do Camiño
Next: Ordes, Frades e Mesía pedirán un obradoiro de emprego conxunto

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.