займ срочно

Mozart en pequeno para cativos

0

Compostela, 28 de marzo do 2019 – A Real Filharmonía de Galicia preparou en esta ocasión unha serie de concertos educativos baixo o diverto alcume de Mini Mozart.

Mini Mozart terá dous concertos as once da mañá, para colexios, hoxe xoves e mañá venres e o sábado un terceiro, xa para todo o mundo, as seis e media da tarde.

O concerto do sábado visibilizará o traballo de Proxecto Home Galicia, un programa educativo terapéutico centrado na rehabilitación de persoas drogodependentes e na axuda ás súas familias. Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto RFG Solidaria, co que se apoian diversas causas a través da música. Neste caso, as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos.

“Mini Mozart” é o primeiro encargo que lle fai a RFG ao Serviço Educativo da Casa da Música do Porto. É unha aventura dos nosos días cos ollos e oídos doutros tempos, onde as personaxes saen da música e vívena cun entusiasmo contaxioso. Orquestra, mestre e público son os elementos perfectos para un gran concerto.

Créase un ambiente propicio para gozar da música de Mozart, con interacción entre os personaxes e o público, así como entre os personaxes e a orquestra. Os máis pequenos e as súas familias terán a oportunidade de disfrutar de pezas tan coñecidas do xenial compositor como As vodas de Fígaro, considerada como unha das súas mellores creacións e unha das óperas máis importantes da historia da música. Tamén soarán fragmentos de obras como Unha pequena serenata nocturna, a Sinfonía nº 40, a Sinfonía nº 38 “Praga”, a Sonata para piano nº 11 coñecida como “Marcha turca”, e dúas arias de Don Giovanni.

A batuta do novel mestre polaco Jan Wierzba

Nestes tres concertos levará a batuta o novel mestre polaco Jan Wierzba, que xa dirixiu a orquestra nos concertos celebrados en varios barrios composteláns o pasado mes de setembro. Natural de Polonia e educado en Porto, na actualidade destaca como un dos directores máis prometedores en Portugal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies