займ срочно

Monicreques e pilates abren o Pasatempo de Verán en Vedra

0

Vedra, 29 de xuño do 2021 – O concello de Vedra organiza, por segundo ano, o Pasatempo de Verán, unha completa programación pensada para esta época do ano.

Pasatempo quere chegar a distintos públicos e se distribúe en distintas horas do día desde o amencer ata a noite. Xogos, música, cine, andainas bailes, deportes ou conversas teñen cabida en esta programación.

Monicreques e pilates para comezar

O Pasatempo de verán comeza o vindeiro venres día 2, as nove da noite, no Campo da Festa de San Mamede de Ribadulla. Alí os máis cativos disfrutarán do espectáculo de monicreques que leva por título “O peirao”.

O amencer do sábado día 3 destínase a facer pilates na área recreativa de Cubelas, ao carón do río Ulla.  A cita vai de dez a once da mañá.

As distintas actividades continuarán durante todo o verán e irán por todas as parroquias do concello.

Todas as actividades requiren de inscrición previa na paxina web do concello . O prazo abrirase 5 días antes e pecharase cando se complete aforo.

Share.

Comments are closed.