Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O Monbus Obradoiro deuno todo ante o Valencia Basket (78-81)

obradoiro-valencia-basket_ACB-Photo_X.Cortizo-slide_r

Compostela, 15 de outubro do 2018 – Crónica de Íñigo  Caínzos – Obradoiro  CAB

O baloncesto foi moi cruel co  Monbus Obradoiro. Os pupilos de Moncho Fernández xogaron a un nivel excelso contra a poderoso Valencia  Basket, ao que tutearon durante boa parte do encontro, someténdolles durante varios minutos. Pero non foi suficiente para cantar a terceira vitoria da tempada. O acerto final dos valencianos,  exemplificado coas canastras sobre a bucina de Will Thomas e San Van  Rossom, decantou a balanza en favor da escuadra de Jaume  Ponsarnau.

Imaxe ACB_X Cortizo

Deuno todo o  Monbus Obradoiro. Traballaron arreo os xogadores durante toda a contenda. E terminou malferido Pepe Pozas, nunha acción con Van  Rossom e e Labeyrie, que deixou fóra de xogo por varios minutos ao base malacitano, que sangrou ostensiblemente polo nariz. Pepe fixo xogar ao  Monbus Obradoiro a moi bo nivel,e concluíu con sete  aistencias e 15 de valoración. O capitán estivo secundado por actores de luxo, como  Vasileiadis como máximo anotador (18 puntos) e Brodziansky e  Llovet elevando a temperatura por dentro.

Foi un partido de ti a ti, fóra de dúas escapadas, unha por cada equipo. O Monbus Obradoiro conseguiu  capear o temporal cando Valencia ameazou con fuxirse (21-30 mediado o segundo cuarto) e os  taronja recompuxéronse dos mellores minutos en ataque dos  obradoiristas (64-52) cando  Obst desatou unha tormenta sobre a zona  taronja.

Imaxe ACB_X Cortizo

Antes, entre e despois desas dúas fugas, houbo tempo para moitas alternativas (ata 11) e outros tantos empates no marcador. Foi un partido precioso, memorable por momentos, con Sar acendido pola maxia de  Kostas  Vasileaidis. O beirado grego volveu incendiar o pavillón ao seu estilo, de triplo en triplo, algún deles imposibles, como o que cravou a unha man para mandar ao  Monbus Obradoiro con vantaxe ao descanso (40-37).

O Valencia  Basket viviu da produción interior de  Bojan  Dubljevic e Will Thomas. O primeiro acabou sendo o mellor do partido (14 puntos, 24 de valoración) e o segundo resultou clave no tramo final (17 puntos, 21 de valoración).  Percutiendo coas costas aos seus defensores, foi capaz de anotar e de acudir á liña de tiros libres. De pouco serviron as defensas dos xogadores  obradoiristas porque Will sempre atopou solucións positivas para o Valencia  Basket no tramo final.

Un último cuarto no que o acerto desde o triplo foi clave. O  Monbus Obradoiro chegou ao asalto definitivo con oito acertos en dezasete intentos. No últimos dez minutos, os oito lanzamentos de tres que probaron os tiradores do elenco galego topáronse co aro. Non así o tiro final de Van  Rossom. O base belga, que non anotara desde máis aló do arco en toda a noite (catro fallos ata a acción definitiva), acertou no momento mais letal. Cando non había marxe de manobra. O triplo de Van  Rossom, asistido por Thomas, bicou a rede cando o  tableró tinguiuse de vermello e a bucina marcou o final do encontro.

Imaxe ACB_X Cortizo

O  Monbus Obradoiro caeu contra o xigante valenciano e a afección envolveu aos seus xogadores nunha  atronadora ovación. O gran traballo dos de Moncho Fernández non alcanzou para sumar a terceira vitoria da tempada, pero si para namorar a unha afección que espera con ganas a visita doutro xigante, o Real Madrid, o vindeiro domingo.

Post navigation

Previous: Silleda reclama ao Sergas máis persoal para o consultorio médico da Bandeira
Next: O Noia Portus Apostoli gaña con autoridade e o Santiago Futsal perde no último momento

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.