займ срочно

Melide renova as axudas á natalidade

0

Melide, 8 de setembro do 2020 – A Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou renovar a axuda de 300 euros para beneficiar as familias que tiveran fillos ou fillas ou adoptasen nos últimos meses.

É o cuarto ano consecutivo que Melide pon en marcha estas axudas. O obxectivo é servir de axuda para os veciños e veciñas que deciden ampliar a súa familiar e afincarse na vila. Tal e como apunta a concelleira de Política Social, Carmen Liñeira, “esta liña pretende ser unha medida máis para afincar poboación ademais dunha axuda de 300 euros por cada neno/a melidense que cumpra todos os requisitos da orde de regulamento que está publicada na páxina web do Concello de Melide“.

Axudas a natalidade en Melide

Imaxe de RitaE en Pixabay 

Requisitos para obter a axuda

A partida orzamentaria para facer fronte a esta liña de axudas será de 15.000 euros e terá capacidade para xestionar todos os expedientes ata que se esgote o orzamento ao efecto. Será Servizos Sociais xunto cos propios interesados os encargados de xestionar esta axuda que terá que cumprir estritamente co regulamentado: os nados e nadas deberán ser empadroados en Melide xunto cun dos seus proxenitores que a súa vez deben estar empadroados na vila cunha anterioridade mínima de 6 meses.

As familias beneficiarias serán as que teñan un fillo ou filla ou adopten no período comprendido entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020.

Ao recibir á axuda, o particular estará obrigado a permanecer empadroado xunto co menor nun período de 4 anos. Con esta medida de impulso á natalidade, Melide achega o seu grao de área para loitar contra o reto demográfico da Comunidade Autonóma Galega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies