займ срочно

Melide leva a pleno as modificacións do SAU 11

0

Melide, 30 de xaneiro do 2019 –  O Concello de Melide levará ao pleno da vindeira semana a modificación do solo apto para urbanizar situado no entorno da avenida de Compostela, SAU 11.

O SAU 11 recolle un área próxima aos 16.000 metros cadrados.  Según explica a alcadesa, Dalia García,  “Trátase neste caso de finalizar un expediente cuxa aprobación inicial levouse a Xunta de goberno local o pasado mes de maio e que logo de ter recibido todos os informes sectoriais, tanto estatais como autonómicos, e de ser revisado polos equipos de Secretaría, Intervención e Urbanismo do Concello, recibirá agora o voto favorable do pleno”.

O desenrolo urbanístico deste sector é un dos primeiros proxectos que leva a cabo o Concello logo da entrada en vigor da Lei do Solo de Galicia e beneficia por unha banda aos promotores, pero por outra, a veciñanza e a comarca xa que poñerá a disposición dos particulares novas parcelas aptas para construción de vivendas unifamiliares, ata o de agora desaproveitadas.

Dende as filas do goberno local agardan contar cos votos favorables da oposición do PsdG-PSOE e do BNG xa que entenden que se lle dá trámite a unha demanda cidadá de promoción urbanística da mesma maneira que aplauden aos promotores xa que dende a crise económica non se detectaron máis desenrolos urbanísticos en Melide con carácter finalista, e agora, hai varios proxectos de profundidade que implican que o Concello ten potencial de crecemento como foi a modificación do planeamento na UA4 de Melide así como os Plans Especiais que están en trámite con finalidade de recuperación turística do medio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies