займ срочно

Melide pon en Marcha o programa Horeca Hostalería para envases lixeiros

0

Melide, 30 de agosto do 2018 –   Horeca é un programa de Ecoembes centrado na mellor separación de residuos no ámbito da hostalería ao que agora se suma o concello de Melide.

Melide xa impulsou o reciclaxe no 2017 co reparto de contedores de reciclaxe axeitados para vidro. O concello habilitara ao mesmo tempo puntos verdes de vertedura que facilitaban o traballo de separación e reciclaxe deste material aos propios traballadores da hostalería.

Esta segunda liña de traballo vai encamiña no mesmo sentido. Si en vidro Melide é unha das vilas con máis porcentaxe de toneladas recicladas, non pasa o mesmo cos envases lixeiros que deben verterse ao contedor amarelo. Por este motivo p goberno local e Ecoembes, xunto coa empresa concesionaria da limpeza viairia e recollida de residuos, poñen en marcha esta iniciativa que da aos locais a posibilidade de ser informados e adherirse ao programa de reciclaxe personalizado.

Os negocios recibiran un cubo amarelo de diferentes dimensións segundo as necesidades de espazo do local. Tamén se terán en conta as necesidades de cada local en materia de volume de creación de residuos de envases lixeiros para posteriormente facilitar dita reciclaxe. Así mesmo os técnicos de Horeca visitarán nas próximas semanas os comercios para ampliar este programa con outro similar dedicado á recollida de papel porta por porta, sempre e cando haxa un volume mínimo de cartón ara recoller.

Con estas dúas iniciativas o goberno local pretende incrementar o índice de reciclaxe tanto de envases lixeiros como de cartón instando tanto á hostalería como ao comercio local adherirse a estas iniciativas gratuítas que benefician ao conxunto da poboación en xeral ao tratarse de melloras no reciclaxe e polo tanto, no medioambiente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies