Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Entroido

O Entroido de Melide chega co Antroido

O concello de Melide presentou a súa programación de Entroido que se celebrará do día 22 ao martes día 25.
melide slide

Melide, 18 de febreiro do 2020 – O concello de Melide presentou a súa programación de Entroido que se celebrará do día 22 ao martes día 25.

Mayka Basalo, concelleira de Cultura, estivo acompañada de Teresa Louzao, como representante da Asociación Cultural e Ecoloxista Curuxás da vila, colectivo encargado de organizar os pasarrúas do Entroido así como a tradicional queima do Antroido.

Entroido de MelideA actividade comezará o sábado 22 de febreiro cun obradoiro de elaboración de piñatas ao que continuará a música polas rúas de Melide co Antroido  acompañado da música do grupo Herba Grileira.

Na xornada do domingo 23 de febreiro, os más cativos e cativas poderán gozar da súa tradicional festa con xogos, baile, música, obradoiros, etc., que terá lugar no pazo de congresos e exposicións da vila. Tamén os maiores participarán ese mesmo día no centro social do baile de Entroido coa música do grupo Remolino.

O luns 24 de febreiro pola mañá está organizado un obradoiro infantil de máscaras tradicionais e pola tarde os máis pequenos e pequenas disfrutarán dun obradoiro de repostaría tradicional de Entroido.

O martes 25 de febreiro, o pazo de congresos e exposicións de Melide albergará o tradicional concurso de disfraces para o que xa está aberto o prazo de inscricións no departamento de Cultura e no que se repartirán máis de 2.500 euros en premios.

Para poñer o broche de ouro ao Entroido de Melide contarase co tradicional pasarrúas do Antroido acompañado do grupo Gaiteiros do País ás 19.30h e a lectura ás 21h da noite do pregón coa posterior queima do Antroido onde os asistentes poderán compartir unha degustación  de chocolate e produtos típicos destas datas.

Post navigation

Previous: A voltas co transporte metropolitano
Next: O Caldo de Gloria de Rosalía faise realidade

Máis novas

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

Logotipo das feiras Mercamelide
1 minute read
  • Xeral

‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os 7, 8 e 9 de agosto

Presentación festas de San Roque en Melide
3 minutes read
  • Xeral

Melide celebra o San Roque

Cartel do Festival Motorock Milli Riders
3 minutes read
  • Xeral

XI edición do Festival Motorock Milli Riders

Área recreaticva de Furelos en Melide
2 minutes read
  • Xeral

Liorta en Melide pola apertura da área recreativa de furelos

Representantes da comunidade escolar do IES de Melide coa Deputada Iria Carreira
3 minutes read
  • Xeral

Os recortes no IES de Melide no Parlamento de Galicia

Presentación Nadal Cultural
6 minutes read
  • Axenda

Programación de Nadal en Melide

melide probleas ceip martagona 20 outubro 2025
2 minutes read
  • Melide

Melide reitéralle á Xunta a necesidade dun  novo peche no CEIP da Martagona

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.