займ срочно

Melide sen eventos deportivos este verán

0

Melide, 23 de xullo do 2020 – Melide non terá eventos deportivos durante o vindeiro mes de agosto para previr riscos sanitarios derivados do Coronavirus.

A decisión, dialogada entre as diferentes asociacións, clubes e a Concellería de Deportes de Melide, chega despois de ver a situación actual onde aínda é necesario evitar as aglomeracións e o contacto físico.

Seguindo a mesma liña que se emprendeu a comezos do mes de marzo cando a Concellería de Deportes decidiu suspender a actividade das escolas deportivas na que participaban máis de medio milleiro de persoas,  o Concello de Melide considera que os eventos que se viñan celebrando na vila con numerosa participación poderían supoñer un risco para a saúde.

O campionato de fútbol sala de agosto é unha das cancelacións. Celebrábase durante todo o mes no polideportivo municipal organizado polo Clube Cire de Melide e este ano chegaría a súa edición corenta.

 Tampouco se celebrará o día da bicicleta, iniciativa do Clube Ciclista melidense, que con data de 15 de agosto era un dos eventos deportivos familiares máis multitudinarios da vila.

“Agradecemos a todas as asociacións e colectivos deportivos de Melide a súa responsabilidade  e implicación coa actividade física e coa saúde dos veciños e veciñas, máis este ano non será posible debido á situación que estamos a vivir celebrar estes eventos. Parécenos que é a mellor decisión e tan só será unha paréntese, xa que deporte e benestar volverán a estar collidos da man no próximo ano 2021. Dende o goberno local continuaremos colaborando para que os eventos deportivos que xa gozaban de éxito en edicións anteriores no 2021 conten con máis apoio e participación”, conclúe Jose A. Prado, concelleiro de Deportes do Concello de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies